Castrelo de Miño revisa o alcance da PAC no que atinxe ao viño, nunha xornada de traballo este sábado
 
Para debatir e concordar ao respecto do alcance da Política Agraria Común que ven de aprobar o Parlamento Europeo no que atinxe ao sector do viño, o Concello de Castrelo de Miño organiza unha xornada de traballo ao título Retos e oportunidades para o sector vitivinícola galego. Teñen previsto acudir representantes das 5 denominacións de orixe galegas.
 
 
 
 
 
21 de JUNIO de 2013: RIBEIRO DIXITAL

O Concello de Castrelo de Miño, en colaboración co Parlamento Europeo a través da eurodeputada Ana Marianda, organiza este sábado, día 22 de xuño, unha xornada de traballo ao título Retos e oportunidades para o sector vitivinícola galego.
Está previsto que na mesma tomen parte destacados representantes de todas as denominacións de orixe, as cinco, de Galicia, algúns aínda por confirmar.

O obxectivo desta xoranda será "informar e debater sobre a repercusión da futura normativa europea no sector, sobre estratexias de comercialización, o papel de apoio dos consellos reguladores e sobre as posibles formas de colaboración e asociacionismo en beneficio do sector vitivinícola", sinala o Concello de Castrelo de Miño que organiza esta xuntanza.

Lémbrase que o Parlamento Europeo ven de aprobar a Política Agraria Común, PAC, que establece unha parte significativa das regras de xogo para o sector vitivinícola a partires do ano que ven e ata 2020, como, por exemplo, os dereitos de plantación.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA