Unha ducia de viños de O Ribeiro foron premiados este ano no Concurso Internacional de Vinos Bacchus
 
Unha ducia de viños da Denominación de Orixe Ribeiro veñen de acadar otras tantas distincións no Concurso Internacional de Vinos Bacchus 2013 que se celebrou en Madrid. Os Viños do Ribeiro recibiron en total 3 medallas de ouro e 9 de prata, mentras o Consello Rector da Denominación recalca a consideración que teñen os premios Bacchus.
 
 
 
 
25 de MARZO de 2013: RIBEIRO DIXITAL

O Concurso Internacional de Vinos Bacchus 2013 que se celebrou en Madrid esta pasada, concedeou nesta undécima edición doce premios a viños da Denominación de Orixe Ribeiro, tres medallas de ouro e nove de prata, segundo informou o Consello Rector.
O Consello subliña que o Bacchus é o único concurso internacional de viños español que pertence a VINODEF, federación que integra os máis reputados concursos a nivel mundial.
Ademais está recoñecido tamén pola Organización Internacional de la Viña y el Vino (OIV) así como polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medioambiente.
O xurado está formado por máis dun centenar de profesionais, nos que se atopan xornalistas especializados, sumilleres, enólogos, Masters of Wine, Masters of Sommelier de todo o mundo.

Os viños da Denominación Ribeiro premiados no Bacchus 2013 foron estos:

Bacchus de Ouro:


Armán Finca Os Loureiros 2010 de Bodegas Casal de Armán, S.L.
Casal de Armán 2011 de Bodegas Casal de Armán, S.L.
Coto de Gomariz de María Alvarez Serrano

Bacchus de Prata:

Adega do Moucho 2011 de Francisco García Pérez
Colección Costeira Treixadura 2011 de Vitivinícola do Ribeiro, S.C.G.
Cuñas Davia blanco 2011 de Adegas Valdavia, S.L.
Doña Inés Pino 2011 de María Álvarez Serrano
Finca Viñoa 2011 de María Álvarez Serrano
Leive Paradigma 2011 de Adegas Áurea Lux, S.L.
Mauro Estévez 2011 de José Estévez Fernández
Sameirás 2012 de Antonio Cajide Gulín
Terra do Castelo Treixadura de Cooperativa San Roque, S.C.G.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL