Visto e prace da territorial da Xunta en Ourense ao investimento de 92.000 euros en 4 concellos do Ribeiro
 
Todo en orde. Nese sentido irá a resposta que traslade á Xunta de Galicia o delegado en Ourense, Rogelio Martínez, con respecto ao investimento dos preto de 92.000 euros consignados para catro dos cinco concellos desta comarca que siguen na Mancomunidade, Arnoia, Beade, Cenlle, Leiro (Cortegada declinou participar nestre proxecto). Son axudas que chegan a través do Fondo de Compensación Ambiental.
 
 
 
 
 
9 de FEBRERO de 2013: RIBEIRO DIXITAL

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, desprazouse este venres a Beade, sede la Mancomunidade de O Ribeiro, para constatar os investimentos correspondentes a achega de máis de 60.000 euros que a este órgano supramunicipal lle fixo a Xunta de Galicia.
A Administración autonómica leva concedidos preto de 600.000 euros en axudas directas a concellos desta provincia a través do Fondo de Compensación Ambiental. Cando unha axuda rebasa os 60.000 euros, como é o caso da Mancomunidade de O Ribeiro, o delegado ten que comprobar que o investimento se fixo acorde co establecido.
Foi o que este venres fixo Rogelio Martínez.

O presidente da Mancomunidade do Ribeiro, Francisco José Fernández, acompañouno ata as novas instalacións e constataron que os traballos se executaron conforme ao proxecto aprobado, cun orzamento total de 91.800 euros.
Esta actuación executouse ao abeiro da orde do 4 de maio de 2012 pola que se regula a convocatoria de subvencións e os criterios de repartición do Fondo de Compensación Ambiental, dentro da liña de natureza non competitiva.

Así, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza concedeulle á Mancomunidade do Ribeiro esta subvención para unhas actuacións que o presidente desta entidade supramunicipal xustificou na necesidade de facilitar o acceso a zonas actualmente inaccesibles a vehículos de prevención de incendios ademais de construír un alxibe como medida primordial para o abastecemento de auga aos vehículos motobombas. Malia que a Mancomunidade do Ribeiro está formada por 5 concellos: Arnoia, Beade, Cenlle,Leiro e Cortegada, este último decidiu non participar neste proxecto.

Unha vez realizada satisfactoriamente a comprobación material do investimento procedeuse ao acto administrativo de recepción da obra, no que Rogelio Martínez e Francisco José Fernández asinaron a acta de conformidade.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 9, JUEVES
 
El GM del Partido Popular teme que Ourense no tenga nuevo Plan de Urbanismo antes del año 2015
"O seu grupo será informado...", la respuesta más socorrida de Áurea Soto al queremos saber del PP
Rodríguez responde a la Xunta: el Plan de Mobilidade de Ourense pasa por el corredor ferroviario
Piden que se incluya en Planes Provinciales de la Deputación la mejora de la OU-502 con A Peroxa
Presentada a andaina "Ourense Cidade Termal" que abre o calendario das andainas deste ano