Pasada pola pedra
 
Por ILDUARA DE GUTERRI
 
 
 
 
14 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

Cada tempo ten seu tempo, iste é o tempo de chorar”.

As bágoas volveríanlle chegar ós ollos a Celso Emilio Ferreiro se estivese presente a pasada semana no Congreso dos deputados e escoitara latricar á Laura Seara, nada en Allariz e casi menos en Xinzo de Limia. Sería para o poeta unha nova Viaxe ao país dos ananos. Un volverse atopar cos petisos, logriros ,badocos, tunantes, roubaperas, desclasados, cagatintas, mangantes e pequenos burgueses desertores da eixada que un día visitou en ultramar.
Á ex-secretaria de Estado de égalité e fraternité, que lle da igual decir arre coma xo , foi pasada pola pedra pola popular Ana Belén Vázquez; a conto dun feixe de disparates sobre o palmarés de Celso Emilio. A limiá non se decatou de que entre os ananos pode haber milímetros de diferencia .

A deputada socialista quería meternos polos ollos que o éxito e o valor literario do celanovés era o haber utilizado nos seus escritos a tinta “roja” en troques da azul. Á Laura só lle faltou inventar que a arrulaba cando era pequena e que tódolos días quince de cada mes, xantaba o pulpo no Carballiño co seu mecenas e mentor Pachi Vázquez.
Como asisada socialista de cuna, pasou unhos anos na Universidade católico-privada de San Pablo-CEU. A institución docente, na aprendizaxe dos canónes e das decretales, non sei se lle foi de proveito. Agora que os valores da dita universidade non nos cheirou nin polo forro. Se Jacques Maritain levanta a cabeza e se entera de que a deputada botou por terra un dos grandes principios polos que se rixe o humanismo cristián, de que “ os homes gocen dos froitos da cultura”, anúlalle o título.
E como ó estar debaixo da árbore indicada a sombra sempre é propicia; esta miembra do extinguido laboratorio político do Maquiavelo de León , acáballe de caer unha nova breva: coordinadora da área institucional do PSdeG.
Afirmaba o domingo que lle viña moito traballo enriba, pero que se ia volcar. O traballo dos políticos  sempre é grande , xa o comprobabamos no  hemiciclo. O gran esforzo co que loitan para ocupar os asentadoiros cada catro anos é inversamente proporcional ó traballo que desempeñan despois. E se os nosos representantes políticos levaran á práctica unha das máximas do titular da universidade na que estudiou a Laura: “ o que non traballe que non coma” , moitos deles pasarían unha gran langrina.
En fin, xa llo decía D. Celidonio ó doutor Alveiros cando sacaron a colación o tema da política: “ neste mundo o que vale é o proveito de un. La murmuración pasa y el provecho queda en casa”.
Do galegismo de Vicente Risco bebeu o meu querido Celso Emilio Ferreiro. E para ser fieis á historia e non chegar a equívocos, Risco era da Xeración Nós non do Instituto Nóos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google