Cacique 500
 
Por ILDUARA DE GUTERRI
 
 
 
 
2 de FEBREIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

As oliveiras en Cabeza de Manzaneda son escasas e os arándanos en Castrelo de Miño son malos de ver. O que si se deu durante estes vintedous anos en tódalas altitudes da nosa provincia foron as pommes. En xeral as recoleccións resultaron substanciosas. Na comarca de Celanova as plagas e as enfermidades atacaron pouco. Na Limia os coidados tiveron que ser un pouco preventivos: podas de cotón en Blancos, enxertos de novas variedades en Porqueira,  e en Rairiz de Veiga e en Xinzo cortouse de tronco pero resultou complexo que ladróns deixar. Así e todo a última colleita nas terras Limiás no ano 2.011 foi mellor ca do 2.007.

Aquel Pumar plantado na predemocracia en Nogueira de Ramuín poboou a provincia. Na Limia téñense  feito experimentos. Presentouse como alternativa en Porqueira a Bouza, pero entre tantos toxos e xestas só se crian xabaríns e a cousa non foi adiante. Ás Searas en Xinzo acabáronselle as subvencións estatais antes do 2.012  e paréceme que van quedar ermas.

José Luis Baltar Pumar foi un excelente político. Cando a política se entede como a arte de dirixir a acción do Estado en beneficio propio. Colleitou victoria tras victoria. Encarouse ca cúpula do partido , cortou cabezas, enalteceu a personaxes polos cales a propia formación non daba un peso, fixo conversións nos bandos contrarios, cantaba nas procesións e tocaba o trombón nas festas.

Os seus comenzos como mestre en convivencia co rural, e incluso antes, de esporádico revisor do Mangana, déronlle o coñecemento exacto da idiosincrasia dos seus futuros votantes. Isto para a empresa que dirixiu durante coarenta e catro anos, ca respectiva ampliación, valeulle máis ca dous doutorados en Oxford. O seu final político foi por propia iniciativa, nin os da baixo,  nin os de arriba,  nin os do medio o botaron; nin desfilou cos  pés por diante se non que saiu pola porta grande.

O sucesor á coroa está a anos luz do seu proxenitor. A Deputación quédalle moi grande. Aguantará en canto o pai estea detrás. Hai que ser un bo cacique para durar no posto. Pumar foi un verdadeiro cacique pero non o etiqueta roja , senon negra: CACIQUE 500. Dos bos, como el se consideraba.

O que lle deixe a cadeira da Deputación ó seu fillo en herdade é un tema  baladí . Se vostedes un día collen o coche Celanova dirección Xinzo e fan unha paradiña no alto do Furriolo,  divisarán  ó  lonxe o Concello de Cualedro,  na comarca de Verín,  alí está o Sr. Luciano, herdeiro directo da difunta Dª Marina Cuquejo.
Se non queren forzar  tanto a vista quédense na comarca da Limia e miren para o Concello de Vilar de Santos, e teñen ahí vostedes a Xan d´Outeiro,  cuñado do sobriño do tío Lisardo.
Como viñan vostedes da comarca de Celanova,  cando comenzaron a subir a costa tanto á dereita como á esquerda pasaron polo Concello da Bola. Alí goberna con man de ferro a Apoteósica, á cal o primeiro intento saiulle o tiro pola culata, pero logo puxo a  funcionar a maquinaria de caciques (etiqueta roja) e recobrou o legado paterno .
Tanto a pepés como a benejás gústalle facer testamento . Xa o decía tamén D. José Luis : “ a familia, sobre todo se é a túa , é o primeiro”. Ou  como decía o xitano, que non quería ver os fillos con bos principios (pero os dos outros).

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
 
  EL CACIQUISMO SEGÚN JOSÉ LUIS BALTAR: El "rancio" y el del siglo XXI  
 
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google