José Leonardo Lemos Montanet
 
Por ILDUARA DE GUTERRI
 
 
 
 
15 de ENERO de 2012: OURENSE DIXITAL

Tal día coma hoxe do ano 1.952 a Diocese de Ourense quedaba viuva. Despois de sete cortos pero fructíferos anos de matrimonio o seu esposo Don Francisco Blanco Nájera fenecía. Sesenta anos despois esta mesma Diocese atópase separada e en trámite de divorcio; pero apiques de casar con Don José Leonardo Lemos Montanet.

A Sede Auriense, boa moza noutros tempos (casada incluso cun cardenal que lle chegou ó corazón), non está pasando por un dos seus mellores momentos. Vémola fea, vella e con problemas de corazón. A fealdade contemplámola no ruinoso que se atopa o seu patrimonio sobre todo as casas rectorais, a súa vellez percibímola na media de idade do clero próxima xa ós setenta anos e o seu corazón (Seminario Maior)  próximo a sufrir un infarto.
A súa fealdade é cuestión de maquillaxe : de tomar o tema patrimonial un nadiña en serio, a súa vellez ten difícil remedio: é un signo dos tempos en todo o occidente cristián, pero para a mellora cardíaca é preciso un bo cirurxián.

Tívose que mover Roma con Santiago para os exponsais que se celebrarán o vindeiro once de febreiro. Admiro a valentía do santiagués para cargar con semellante adefesio. Nestes dous anos ninguén quixo bailar con ela. Máis que un matrimonio por amor paréceme un casamento amañado, aunque o amor tamén dicen que é cego.

O Seminario Maior de Ourense, regalo de Reis de Don Francisco Blanco Nájera ós seus seminaristas, tamén cumpría o pasado martes sesenta anos dende a súa apertura . Esta monumental obra comenzada nunhos tempos nada fáciles económicamente , falamos do ano 1.947, levouse a cabo co esforzo de moitos ourensáns. Colectas nas parroquias , estipendios, selos…. incluso ca “adopción” dalgunhas habitacións por catro mil pesetas , ás cales se lle colocaba unha placa nas que se podía ler o nome do seu benfeitor.

O señor Quinteiro Fiuza ca asistencia do Espírito Santo e ca benia do seu consello de ministros (Ilmo.Sr. D. José Estévez Armada, Ilmo.Sr.D.José Pérez Domínguez , Ilmo. Sr. D. Cesáreo Lourido Díaz e Ilmo. Sr. D. José Rodríguez Gallego) privatiza parte do Seminario e para máis inri súbenlle as coores ás contas diocesáns.

O actual Bispo de Tui-Vigo deixa como legado un gran pastel cuberto por unha fina lámina de chocolate e moi complicado de trocear para ser presentado nunha boa mesa. A elaborar o doce axudáronlle os seus colaboradores máis próximos (arriba mencionados) que levan o nome de Consello Episcopal. Para que tivese éxito presentóuselle a foto do biscoito que se ia preparar a un grupo de catadores chamado Consello Presbiteral. Pero a éstes só  se lles ensinou a cobertura do pastel, do relleno rien de rien. Nestes casos o mellor é presentar a receita con ingredientes e medidas, e deixarse de tanta instantánea. O prelado non tivo a coraxe de deleitar nin ó seu presbiterio nin á sociedade ourensán con tan magnífico postre.

Agora o que nos queda é que Don José Leonardo Lemos Montanet veña con esa cruz de gules, que simula unha espada, ben afiadiña para que tan sequera a lámina de chocolate non rompa demasiado. O que haxa  por dentro xa o tempo o dirá.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  José Leonardo Lemos Montanet  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google