A casa polo tellado
 
Por ILDUARA DE GUTERRI
 
 
 
 
25 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Na semana pasada a Xunta, Abeconsa, Valora e a Universidade da Coruña, presentaron un proxecto denominado "COTaCERO", que consiste na construcción de edificios comenzando pola cuberta. A idea nace no 2.004 na universidade da Coruña e plásmase nunha tese doctoral de Victor Hermo. As coincidencias da vida fan que nese mesmo ano o grupo musical Fito & Fitipaldis teña no seu carto disco unha canción titulada " La casa por el tejado". Os músicos  e o doutor, igual que no século XVII Leibniz e Newton , chegaron á mesma conclusión; é o que lle chamamos un descubrimento simultáneo.

En España a mediados de Outubro de este ano había 8.112 alcaldes, 65.896 concelleiros, 1.206 parlamentarios autonómicos, 650 deputados e senadores, 13 conselleiros do Valle de Arán, 15 ministros e 530 altos cargos do Estado. O salario mensual dos 76.000 políticos costábannos 720 millóns de euros.

Contemplando estes datos e lembrando a primeira nómina do Alcalde da Merca a primeiros de ano de 3.600 euros , descubro non sei si simultáneamente con algún de vostedes , que se están aproveitando de nós.  ¿Como van chegar logo os cartos para a Sanidade ou a Educación se esta cuadrilla de lerchos chupa deste xeito? Moitos deles , un 33% dos deputados, (cada un que mire para o Alcalde que ten máis preto) embuchan por outras actividades.

Nos institutos as clases de francés danse en inglés polo profesor de matemáticas, os médicos de cabeceira con catro fármacos teñen que curar tódalas enfermidades….. Pero unha restructuración dos concellos é algo impensable.

Nesta nosa Provincia na que morren tres e nace un, ¿a que ven  ter concellos de 700 habitantes?. Prácticamente cada comarca podería ser un concello, pensen nos dez concellos que constituen a comarca de Celanova ( 20.000 habitantes) ou nos dez que forman a da Limia (23.000 habitantes). Deste xeito os salarios dos alcaldes, que están vivindo da sopa boba, daríannos para o profesor de francés e unha nova estantería na farmacia.

Os servizos serían mellor prestados e cun custo menor: pasaría a fiebre de querer facer un parque empresarial cada 6 km., os amortiguadores do coche non notarían o cambio de concello, un microbús municipal dende Calvos de Randin podería coller xente mayor nos Blancos e en Parada de Ribeira para deixala  en Xinzo, o parque de bombeiros de Xinzo permitirialle ó Xaquin “o Meteorito” ter un chófer para a reliquia que ten no garaxe da súa casa….

En definitiva, o aforro nos custos vémolo clarísimo nos comedores escolares: cando son 400 comensais os 2,05 € que aporta a Conselleria de Educación renden moito máis que cando hay que cociñar para 50. Os cartos da administración en dous cociñeiros cunden máis que en 20.

Ogallá que o novo inquilino da Moncloa antes de coller a tesoira saque do caixón unha barra Pritt e compoña un crebacabezas dos concellos de España .

Raro!!...no digo diferente digo raro!!
ya no sé si el mundo está al revés
o soy yo el que está cabeza abajo….
………. .y a empezar la casa por el tejado…

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google