"A los hechos me repito"
 
Por ILDUARA DE GUTERRI
 
 
 
 
11 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

As expresións do noso ocurrente Manuel Manquiña crean escola no Concello da Bola. Se no Boletín Oficial da Provincia, nº 84, p.22, fírmase unha resolución na que aparece a afirmación “El concepto es el concepto”, agora a alcaldesa co seu xeito de actuar volve sentenciar outra : “A los hechos  me repito. Os feitos de non sacar  nada adiante.

Un concello que bate o record en ser o menos productivo da provincia, quedando moi por debaixo da media que xa non é unha marabilla, padece unha Alcaldesa que non pasa ningún dos friltros dos que nos falaba fai unhos días o lider ourensan do PUM+J, facendo referencia ó filósofo Platón .

A Mª Teresa repite deica a saciedade: “ dinamizar a economía local, crear empleo e frear a despoboación”. Non foi capaz de aproveitar o tempo das vacas gordas cando o bipartito controlaba a situación. Agora a vaca está escoxada, ó Sr. Baltar sobránlle os votos nas terras de Celanova e o Quintana marchou bailar a samba.

Pero ….. “ Eureka” . Cando chegan as dificultades e se apretan os miolos éstes discurren a rabear. Ocórreselle á “ Apoteósica” traer unhos nómadas alén dos Pirineos e ofrecelle un dos pobos fantasmas que preside. Os primeiros froitos de tan magnífica idea xa os recolleu nas pasadas eleccións municipais nas urnas. E agora, coincidindo coa colleita das noces, das castañas, do millo e do recién estreado tributo da auga e do saneamento, pínganlle noventa mil euros do Ministerio de Medio Ambiente. Entre os billetes de avión ó pais dos galos, unhas rabandas untadas de foie-gras acompáñadas dunha botelliña das cepas da ribeira do Loira, e o cambio de sinais das carreteras para certar con Saumede , a subvención vai quedar escasa. Este proxecto piloto que pretende o desenvolvemento económico agrícola con intercambios, voluntariados e campos de traballo quedarase en auga de borralla.

A los hechos me repito”…: ¿Dónde quedan os trinta postos de traballo do primeiro centro de Galicia para nenos con patoloxía Psiquiatrica? ¿Dónde quedan as cincuenta plazas internas para a terceira idade e as trinta para un centro de día? ¿Dónde queda o polígono industrial e o Hotel? Vólveste repetir unha vez máis Mª Teresa.

Como neste caso é unha proba experimental, eu, dende a miña humildade, aconsellarialle que en vez de mandar unha expedición a Nantes fosen a Bombay, a Escocia ou ainda máis preto a visitar o Marquesado de Larios en Málaga.
Os da Limia malvenden as patacas, os cereais son pasto dos xabaríns e para o viñedo o monte do Furriolo habería que cambialo de sitio.
Polo tanto eu orientaria o Proxecto polo cultivo do Juniperus Communis

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  María Teresa Barge, alcaldesa de A Bola  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google