A apoteosis da alcaldesa de A Bola
 
Por ILDUARA DE GUTERRI
 
 
 
 
28 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Próximos a unhas eleccións nacionais, a bondade de certos dirixentes municipais aumenta. O que quere facer as cousas moi ben, case sempre, e sobre todo en política, ou non as leva a cabo ou lle saen fatal.

O abandono, a desidia e o desencanto foron compañeiros de camiño da Igrexa Parroquial de San Miguel de Berredo nestes últimos quince anos. Xuntáronse o grave deterioro que padecen moitas das edificacións que posue o bispado de Ourense sen unhas políticas de actuación claras , o ir tirando do administrador Parroquial que tivo durante estes anos, e a mala sorte de estar construida en territorio do Concello de A Bola. Por fin, no pasado mes de setembro a Conselleria de Cultura deu luz verde ó Proxecto  de actuación para dignificar o ruinoso templo que  a Deputación Provincial está disposta a costear.
Pero nesta nosa España das cribas, cando parecia que o problema estaba a piques de solucionarse faltaba pasar polo cribón do Concello.

Despértalle á Sra. María Teresa a fibra artística e decide correxilo.
O gran gusto arquitectonico desta “individua” que lle debe vir de familia (basta ver a construcción que fixeron dun panteón no adro da Igrexa Parroquial de Santa Baia de Berredo, a carón do histórico e mais grande Canasto da Provincia na súa categoría), faina neste caso máis papista co papa. De todos é sabido a gran meticulosidade da Consellería de Cultura en canto a permisos para a Restauración do Patrimonio Eclesíastico, que cando tal non deixará cambiar ós curas de Parroquia por que xa son parte do entorno arquitectónico e noutra igrexa desentonarían.

E agora o que faltaba era atoparse con esta “elementa” que pon en tela de xuicio unha actuación aprobada pola Xunta. Como as arcas municipais tenas a rebosar (debe máis de millón e medio de euros, 460 € por habitante), sóbralle o diñeiro para ter baixo a súa disposición arquitectos que nada lle teñen que envidiar ós da cerrada Bauhaus.

A Alcaldesa é un ser apoteósico (apo : convertirse e theos : Deus). So lle queda, coma gran mecenas do arte, contratar a un bo pintor e que lle plasme no seu pequeno capitolio un fresco semellante á Apoteosis de Washington. Pero que non se olvide de por nunha das esceas ó deus  Baco, non tanto pola alusión á agricultura, que neste concello é escasa, senón para aludir ó teatro que se fai, que non é pouco.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  María Teresa Barge, alcaldesa de A Bola  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google