Xaquín Rodríguez Ambrosio, O Meteorito
 
Por HIDACIO DA LIMIA
 
 
 
17 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL

Este martes é o mitin do PP en Rairiz de Veiga. Asistirá como banderilleiro o Sr. Santalices,  ao que ninguén coñece na Limia, e como maestro para darlle a alternativa ao candidato do PP o presidente do partido en Ourense, Baltar fillo. E o que toma a alternativa e nada máis nin nada menos que o don Xaquín.
Digo que toma a alternativa posto que este torero sempre estivo toreando en plazas de regional e agora pasa a facelo en prazas de máis categoría, non por a sua valía, que non a ten, senón polos que o acollen na sua cuadrilla, e o de cuadrilla non é un insulto nen ten por que selo.
O insulto á cidadanía é que alguen que perante 12 anos cada vez que falaba da xente do PP botaba pola boca tal xénero de improperios que mais parecía la niña del exsorcista que unha persoa facendo unha valoración ponderada. Pero claro, debe ser que o maestro Baltar lle sacou o demo do corpo (tamén os do PP lle chaman así aos do BNG), e fíxose a miragre.
No mitin do BNG decía Xardón que  Rairiz saíu duas veces na revista Interviú, e sempre polo mesmo tema. A primeira, recordaran os mais vellos, polo cura da parroquia que se  foi para o Palmar de Troia e chegou a ser bispo; é a segunda por él, Xaquín. Os dous cambiaron de relixión, e a Xaquin pode que lle acabe pasando o mesmo que ao cura, que ninguén o siga.

Naide en Rairiz entende que alguén coma iste persoeiro que acumula con tres traballadores máis de 100 sentencias firmes en contra, algunha delas por  conculcar dereitos constitucionais  e dos traballadores; que foi capaz de justificar o uso de gasóleo agrícola nos coches do Concello; que tivo nos últimos anos mais de 100 informes en contra de Secretaría do Concello polas suas actuacions, decisións e acordos; que ten facturas de dous ascensores pagadas na residencia da terceira idade cando só hai un ascensor; e que foi capaz de pagar 7.000 euros por cada marquesina que puxo polos pobos do seu concello, cando valen soio 1.500 na fábrica; cando deixa un concello de só 1.500 veciños con un déficit de máis de 600.000 (seiscientos mil) euros de débeda recoñecida, máis as que están reclamando no xulgado de Xinzo varios proveedores; cando dous fiscales distintos o están a investigar...; lle poida interesar a calquera partido político para encabezar unha lista.
Se ve que isto só o pode entender o sr. Baltar e o seu PP, para os que semella que todo isto só son menudencias sen imporantacia.

Todos estes datos están a ser manexados polo PSOE de Rairiz, e non deben ser falsos cando o alcalde, Xaquín, está caladiño e non os demanda.
Pois nada Sr. Baltar, a seguir a carreira cara a Deputación Provincial que é o único que lle interesa, e o día seguinte si hai que prescindir del, de Xaquín, pois bótase aos cans e listo. Que xa lles pasou a outros e non pasou nada. E mentras ao pobo que lle den...
Así gobernan esta provincia los Baltar, e así non é de estranar que seamos dende fai máis de 25 anos a última provincia do Estado.
Hai que ser sofridos, pero neste caso só queda agardar que o pobo de Rairiz sexa o intelixente que compre que sexa no decisivo intre.

hidaciodalimia@hotmail.es

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google