Castelao e José A. Feijóo, alias COISA
 
Por HIDACIO DA LIMIA
 
 
 
28 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

Hai que ver que atrevemento pola miña parte.O primeiro e pedir perdón e disculpas a un dos país da nosa terra, o grandísimo Castelao por metelo nun artigo anos mais tarde de que o alcalde dun pobo da Limia chamado Baltar, do cal posiblemente nunca en vida oiría falar del. Pois ben despois das disculpas paso a explicarme.
O Excmo. Sr. Alcalde de Baltar , Sr. Feijoó alias COISA está metido nun follón de cuidado. Digo follón posto que de momento non serei eu o que o acuse de nada, para esos está o fiscal  e os letrados da acusación. Os que coñecen ao Sr. Feijoo e a sua traxectoria política, saben que él sería incapaz de facer as cousas do que lle acusa o PSOE. Todo o mundo sabe as fortes creencias relixiosas das que fai gala públicamente o sr. alcalde, que lle impedirían calqueira conducta que fora contra calqueira dos 10 mandamentos.
Todos tamén coñecen as suas creencias  democráticas, como declarou en alguna emisora de radio. Todos saben que recorreu todo o espectro de partidos políticos nos últimos 12 anos, sempre intentando facer o ben a todos os veciños, recorden cando sendo un escindido do PP,estando en CG, pactou co PSOE e co BNG, para lograr ser alcalde 2 anos do Concello de Xinzo.
Nin que decir ten os avances acaecidos perante o seu mandato, sobre todo persoalmente, pasando de director de Banca a promotor inmobiliario en só dous anos. Logo desto, como non podía competir co Sr. Vila, volveuse cambiar, millor dito, volveu o redil non sin antes firmar uns documentos para ser diputado provincial, cousa que consegiu. Sobre eses documentos habería que preguntarlle ao ex de Blancos, actualmente en Pereiro.
¿Cómo alguén pode pensar que un persoaxe, perdón unha persoa con esta moral e traxectoria intachable, pode facer algo como o do que agora se lle acusa?
Lóxicamente, calqueira persoa ben pensada, nin se lle ocurriría, está claro.

Pola contra, están estas tres profesionais, unha enfermeira, unha farmacéutica e unha empregada de farmacia con mais de 20 anos de traballo no mesmo pobo e establecemento, que nunca deron nada que decir delas pero que agora volveronse tolas ou así e colleronlle manía o sr. Alcalde. Esto si que ten explicación, porque a farmacéutica vaille a vida nestas eleccions, a sua empregada tamén, e non digamos nada da enfermeira. Pois nada, cada un que pensé o que queira.
Pero estimado Sr. Alcalde, pensó persoalmente que non ten nada que temer, posto que o seu paraugas e moi grande, está vostede protexido por o que se autodenomina cacique de ourense.
E aquí ven o de Castelao nun dos seus debuxos no  que un  agricultor, despois de sair do xulgado por un pleito co cacique do pobo, decíalle: “Vostede ten moito dereito, pero eu teño moita razón”.

hidaciodalimia@hotmail.es

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google