Adiántase o venres de paixón en Xinzo
 
Por HIDACIO DA LIMIA
 
 
 
13 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

Así como o poden ler: o venres de paisón adiantase 7 dias en Xinzo.
Para aqueles que profesen a relixión católica: que non se poñan a discutir nin a pensar mal, posto que para nada me refiro aos días de Semana Santa que tanto se celebran nesta nosa vila, e algunha das celebracións, como é a procesión dos caladiños ata o monte de Baronzas, por moitos celebrada con non menos devoción. Pero tranquilos, que penso que esta vai a celebrarse o día que lle corresponde segundo manda o calendario relixioso.

Eu estoume a referir procesións que estes días hai ás distintas sedes dos partidos políticos que se presentan as eleccions do 22 de maio. Eso é outra cousa.
E nin que dicir ten que cada reunión é vixiada por autenticos costaleiros, para saber cales son os persoaxes que van a levar a cruz as costas.
A máis de unha tamén van os infiltrados para saber cal vai a ser o desfile e o posto de costaleiro, e tamén para escoller chegado o momento en cal procesionar.
O dos caladiños vai porque a estas alturas ninguén conta nada e parece que todo o mundo quedou mudo. Todo son comentarios, alguns sen maldade e outros non está nada claro, para tratar de confundir a equipa contraria. Sabemos que mais dun nome aparece en distintos postos de diferentes listas. Ao final só poderá ir en unha, pero tamén poide que vaia en ningunha.

Cecais onde mais silencio hai agora é no PP auténtico, (como xa lle gosta chamarlle aos auténticos, claro) posto que ademais do Chavelleiro, que parece que si vai de número un, para numero dous hai polo menos 4, no tres 5, e nos seguintes tres ou catro en cada un. É decir ata o número 6 da lista do PP, auténtico, hai polo menos 18 candidatos.

O mesmo silencio hai na casa dos PPs non autenticos, que ademais de que se coñeza quen é o candidato todo o demais está cheo de especulacións. Pero tamén están moi caladiños.
Din que si contan algo pode vir o Mou do equipo contrario e superar a oferta, cousa que non sería difícil se por cartos fora, xa que por convencentemento sería pouco menos que imposible.

No PSOE e no BNG tamén gardan silencio para que non haxa confusións.

O que si se sabe de última hora é que parece que Esquerda Unida tamén presentará candidatura, e o que nadie acaba de crerse é que o incombustible Benjamín Barrio volva a  presentarse coas suas siglas de ADEI, unha vez máis.

Con esta preregrinación de partidos e de siglas non é de estranar que este venres sexa de paixón, posto que o luns as listas teñen que estar no xulgado, e o sábado no é bo día para andar facendo listas cos escribintes de vacacións.
Paciencia e ata a semán que ven.

hidaciodalimia@hotmail.es

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google