O galiñeiro do PP
 
Por HIDACIO DA LIMIA
 
 
 
6 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL
Vou facerme eco da nova aparecida no OuD deste 6 de abril, na que se fai  referencia a que nestes momentos o Partido Popular en Xinzo anda un pouco revolto pola confeccion das listas.
Non é de estranar nun partido maioritario que ten no seu comité executivo mais de trinta membros. Non sei para que, xa que como din no Congreso e no Senado cando algo queres que non vaia adiante fai unha comisión. Pois esto parece unha comisión, así que será imposible que funcione. As empresas, para que funcionen, teñen que ter un equipo directivo, pero, non tres equipos de futbol.

Tamén coñecendo á xente do PP todos están capacitados para ser concelleiros deste pobo. Tampouco se pide que sexan todos master en varias carreiras pola Universidade de Cambrige, pero entre eso e a lista que avanzaron fai días alguns xornais hai un treito moi grande.
Hai unha lista nunha páxina moi vista na bisbarra que pon mais nomes, entre eles Tony ”las vegas”, Xiana, Casas, Cabas, Carlos Gomez, Paco Lama…

Si analizamos un por un, teríamos que facer as seguintes preguntas:
¿O sr. Cabas fai solo 3 meses era “amigo” do Chavelleiro?
Manolo Casas, ¿onde estaba cando o Chavelleiro non quixo que fora alcalde fai 8 anos?
Repescar a Carlos Gomez é a gran faena do alcalde, ¿tan figura é?.
Con este seguro que saes pola porta grande da plaza, pero o millor en camilla.
¿Qué podemos decir de Paco Lama, ex Coalición Galega. Aquí si que coincide co alclade, ex PSOE: tamén din que o Chavelleiro repartiu papeletas no seu pobo natal para ese partido cando non o deixaron ir de nº1 por Trasmiras. Menos mal que solo 3 anos despois foi alcalde de Xinzo que, dende logo, parece que é algo mais importante, sin despreciar aos veciños de Trasmiras, por suposto. 
Como diria o difunto Gila,  ¿quen lle fai a lista a estes, o inimigo?

Contentos deben estar os membros dos outros partidos coa idea de que estes sean os que vaian na lista. Compre confiar en que o sr. alcalde, “O Chavelleiro”, teña mais capacidade de decisión a hora de facer a lista, posto que si non é millor xa pode poñer o seu cargo a disposición do partido, irse para casa antes de se lle faga tarde, a non ser que sexa o PP de Ourense, o que xa o puxo a dedo, o que a dedo lle faga a lista, cousa que tampouco sería de estranar.

Para rematar decir que falan dunha enquisa feita por un partido que da uns resultados que nin o propio Eistein podería compoñer: pasaríamos outros cuatro anos con un goberno que sería todo menos eso, cousa que o pobo e vecinos de Xinzo non merecen.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google