Ao doutor Cabas
 
Por HIDACIO DA LIMIA
 
 
 
30 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

Permítome dende esta tribuna, dirixirlle esta carta co meu  máximo respeto como profesional da meiciña que vostede é, laboura a cual coñezo e valoro nun alto grado. Pero dirixindome ao “home político” que quería que fose  recordado coma o “defensor dos veciños do pobo de Xinzo” naquela famosa filípica que nos votou o dia da renuncia do alcalde, Vila Rodríguez.
Digo filípica agora, co paso do tempo, posto que naquel momento sentín que alguén en política respondía como persoa, como veciño e home de ben, e non como político.
Naquel momento, creo recordar que dixo que por coherencia persoal non apoiaba a moción que se iba levar a cabo no Concello para situarse como defensor dos intereses dos veciños.
Penso, sr. doutor, que esas palabras cargadas de emoción lembraban tamén vivencias amargas por culpa dos seus antigos amigos, pero non se olvide que foron eles os que o puxeron a vostede no lugar que lle permitía decir aquelo e, como digo, pouco duraron as suas intencions.

Parece ser que xa está vostede enrolado na lista do PP, aqueles a quen tanto vostede denostou na sua época de  portavoz do PSOE, e posteriormente acusaba de embaucadores por usurparlle ao pobo a oportunidade de votar ao seu alcalde, non ao número 5 da lista do PP.
¿Qué cambiou en tan pouco tempo, sr. Cabas?
¿Xa non se ergue como defensor do cidadan?
¿Xa non vai vostede votar mais coa sua conciencia senón como membro dun partido?

O malo dos tempos de hoxe é que corren moi de presa e o que onte era branco mañá será crema e posiblemente pasado mañá sexa gris escuro, sempre según nos conveña en cada momento.
Non sei que o move neste a facer este cambio e non aquel día no que pudo cambiar a historia municipal de Xinzo de Limia.
¿Terá que ver algo o concurso de traslados dos médicos do SERGAS?, pregunto.

Que pena si así fora, posto que todo por o que vostede dice que loitou e que prometeu que seguiría loitando, se quedara en auga de borralla tan soio medio ano despois.
Espero que acerte, e que conste que non o critico por que vaia no PP, que ten todo o seu dereito e libertade, senón porque o pobo de Xinzo merece outra clase de políticos.
Boa sorte, doutor Cabas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google