O gadafi de Rairiz
 
Por HIDACIO DA LIMIA
 
 
 
28 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Tendo que pedir disculpas de antemán, pois a situación actual mundial por culpa do dictador Libio non é para tomar a coña o asunto, si que o é a do alcalde de Rairiz Xaquín, “o meteorito”. E resulta que os dous ata teñen bastantes cousas en común , loxicamente salvando tódalas distancias e non querendo ofender o dictador.

A primeira da semellanzas neste momento é que ó Xaquín estano abandoando todolos amigos e compañeiros de viaxe, igual que o dictador.
Ata fai pouco ó libio recibiano en tódolos  lados, ata puxo a sua xaima no palacio do Pardo xunto coas suas 50 virxenes. Zapatero facíase fotos con él, e hoxe tan soio volve por él o dictador cubano.
A Xaquín, ata fai menos de dous anos era recibido polos seus colegas, naquel momento dirixentes da Xunta. Hoxe xa non queren saber nada del, tan soio é recibido polo  Sr. Baltar e o Sr. Plácido. Neste caso que o lector saque xa as concluisios que queira.  Pero claro, do sr. Placido tampouco nos debe estrañar nada posto que non fai tantos anos que din que militaba na esquerda mais rancia deste país. Quien te ha visto y quien te vé.

Outra das semellanzas é que ademais dos dirixentes políticos de primeiro nivel, tanto galegos como provinciais, tamén o están abandoando os compañeiros de viaxe destes últimos anos a nivel local. Decía o día que o votaron do BNG, perdón, que dixo que se iba, que tódolos  concelleiros estaban con él. A dia de hoxe, tres van na candidatura do BNG e os outros dous non queren saber nada de ir no PP.
¡Ah!, Tampouco o Paco, antigo portavoz do PP, que lle estuvo preparando a terra e agora é él o que a sementa. Que se lle vai facer.

Outra das semellanzas co dictador libio pode ser que as Nacions Unidas xa solicitaron  que ía levar o dictador o Tribunal da Haya dos dereitos humans. Tamen o Xaquín o levaron ante os tribunais moitas veces por vulnerar os dereitos dos traballadores, por certo sempre fallando na súa contra ata agora. Soio falta que o fiscal se pronuncie sobre as outras duas querellas penais que ten pendentes con mais de 100 informes en contra da secretaria en dous anos.
Outros por bastante menos saen nos telexornais conducidos pola garda civil, pero como se dí na nosa terra “a todo porco lle chega o san martiño”. Todo é cuestión de saber esperar.
Pois eso, o igual que no caso do Gadafi o único que hai que facer é esperar, o único problema son os “cadáveres” que pode deixar polo camiño. Esperemos que sexan menos que en Libia.

Ah, a hora de pechar este artigo xa nos enteramos de que por fin se autoproclama nº1 do PP decindo tamén que “non son do PP, nin o serei”. ¿Onde  está a ética da que falan Feijoó e Rueda?...
Bueno despois de que Rajoy proclama a un imputado en Valencia, ten razón este o dicir que él non está imputado. Todo é cuestión de tempo…. A próxima semán falaremos do que se dí da lista que vai levar.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google