Rairiz de Veiga: PP 0, BNG 1
 
Por HIDACIO DA LIMIA
25 de ENERO de 2011: OURENSE DIXITAL

Como o prometido é deuda, esta semán tócanos falar do concello de Rairiz de Veiga, un dos mais pequenos da comarca da Limia, pero non por eso sin importancia nestas  eleccions municipais.

Este concello leva mais de 3 anos nos que non pasou unha semán sen ser noticia nos medios de comunicación, e ata o día de hoxe, todo hai que decilo, casi nunca por boas cousas. Todo llo debe o seu “carismático alcalde, o meteorito”.
Dende a semán en que a revista INTERVIU lle adicou catro follas a toda plana ata a semán pasada, por culpa da declaración no xulgado de Xinzo a solicitude da Fiscalía de Ourense, van semanas e semanas de prensa, tanto a nivel ourensán e galego, e como decía, casi sempre para o negativo. ¿Acordanse, cando colleron os coches  do concello  con  gasóleo B? A todo esto, ainda nadie deu conta do que pasou con aquelo. Pero hoxe non toca falar deso.

O que pasa é que vai xa para 6 meses nos que ós plenos non asisten varios membros do seu ex partido, o BNG, pero dos que o representante do PP sae da mán do alcalde a tomar viños. Precisamente de “borracho” (digo e está grabado, aviso) acusou fai agora ano e medio o propio alcalde o membro do PP na discusión do gasóleo. Parece que agora cambiaron as tornas.
Daquela xa o BNG, non quería saber nada do “seu” alcalde, e só esperaban o día que poideran desfacerse del, cousa que ocurriu fai aproximadamente un ano.
Din que o representante do partido na Limia e senador por Galicia xa non sabía que facer para desfacerse deste alclade, e tamén dín que está satisfeito coa decisión de que sexa o PP o que acougue a este “elemento”. Eles saben lóxicamente como as gasta o don Xaquín, pero como se di nestas ocasións,  ninguén escarmenta na cabeza doutro. Se ve que ó PP lle compre escarmentar na súa. Haberá que ver que di o PP cando a Fiscalía diga o que teña que decir.

Parece que falta menos dun mes, pero as listas teñen que estar pechadas antes, aí está o problema. Si a cousa non sale ben para don Xaquín, ¿que lle contarán os baltares a dirección do partido en Santiago? A estas alturas seguro que Santiago xa sabe o que pasa. Ó propio alcalde éncheselle  a boca decindo que xa está no PP. Casualmente o presidente do Partido Popular en Rairiz está contratado no Concello. O número dous será o que foi anteriormente  cabeza de lista do PP, e despois un de cada, un PP, un ex BNG, metade e metade.

Mentras tanto, libres xa de tales suxetos, o BNG anda trabgallaar nunha lista “do mellorciño". E non esquece que o meteorito dixo nos medios de comunicación que
“Eu non lle debo nada o BNG”. É posible que o BNG traballe tamén para cobrarlle moi caras as declaracións ó seu ex.
Coa perda de votos que se agarda en Ourense capital e coa de cabreados que lle saen ó PP en Xinzo, a estratexia é buscar fichaxes estrela donde sexa, ainda que sexan coma Xaquín.
Miran para calquera parte menos para donde está o cheiro aínda que sexa preciso tapar as narices, cheira a cadáver político.
Si en Rairiz o 22 de maio se gañara pola mínima, pronostico que o gol da victoria será do BNG.
Haberá que estar atentos a cando sexan presentadas ámbalas dúas listas. Eso dará moitas claves.

Por certo, ¿en Rairiz non hai cabreados do PP? Pois mira que non lles dan motivos...

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
 
Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio, alcalde de Rairiz e ex BNG
 
     
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google