O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez, presentaron este venres a campaña informativa sobre o novo modelo de “gratuidade solidaria” para libros de texto, xa que o prazo para solicitar estas axudas á compra de libros iníciase o vindeiro martes 1 de setembro, recorda a Consellería de Educación. Deste xeito, os pais e nais dos escolares de primeiro, segundo, quinto e sexto de Primaria e os de Educación Especial, recibirán un tríptico infomativo e explicativo ao respecto.
 
Noticias Relacionadas
  WEB da campaña "GRATUIDADE SOLIDARIA"
 
 
Educación da Xunta inicia unha campaña informativa sobre a “gratuidade solidaria” nos libros de texto
29 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A piques de que comece o prazo para poder solicitar a “gratuidade solidaria” para libros de texto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia anunciou este venres unha campaña informativa ao respecto. Esta campaña acométese desde xa entre os pais e nais dos rapaces de primeiro, segundo, quinto e sexto de Primaria así coma os de Educación Especial, que recibirán, ben no seu domicilio, ben a través de seu centro, un tríptico informativo sobre a documentación requirida, os niveis de renda, como calcular a axuda que corresponde ou o prazo de solicitude.

As axudas poderán solicitarse entre o 1 e o 30 de setembro e o prazo estimado para cobralas é de 15 a 20 días.
O formulario e toda a información necesaria poderá obterse nos centros educativos, nas sedes da Xunta ou a través da páxina web. Tamén se dará resposta ás súas dúbidas no teléfono 981 54 65 21.
 
Segundo cálculos da Educación, aproximadamente 7 de cada 10 escolares dos cursos beneficiados este ano poderán recibir as diferentes axudas. Para o resto dos cursos seguirá vixente de momento o sistema de préstamo polo que os alumnos recibirán os seus lotes de libros neste mes.

Máis a quen máis o necesita

Tal e como sinalou o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o novo modelo “introduce por primeira vez en Galicia a gratuidade real e efectiva nos libros de texto” garantida para as familias de rendas baixas.
Sinala a Consellería de Educación que “co anterior sistema de préstamo, os alumnos e alumnas non dispoñían dos libros en propiedade, polo que falar de gratuidade era ficticio, ademais de que a axuda outorgada non cubría a totalidade do importe dos libros de texto nin a aparición de cadernos complementarios que desvirtuaron o sistema”.

Coa implantación deste sistema, a Consellería dice garantir unha axuda de 180 euros por neno para as familias de rendas baixas, con ingresos de ata 5.400 euros por persoa no fogar.
É dicir, nunha familia de catro membros (pai, nai e dous fillos), a bolsa de 180 euros por neno estaría garantida se os seus ingresos quedan por debaixo dos 21.600 euros. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), aproximadamente o 25% da sociedade galega atópase nesta situación.
Con esta cantidade, a Consellería estima que é posible comprar os libros en moitas librerías e puntos de venda, polo que a gratuidade estaría garantida.

Para as familias, con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar, a bolsa é de 104 euros por cada fillo, suficiente para pagar máis da metade dos libros. Polo tanto, a mesma familia de catro membros recibiría esta axuda se os seus ingresos totais está entre os 21.600 e os 36.000 euros. Segundo o IGE, o 40% da sociedade galega está nesta marxe. No caso dos alumnos de centros ou aulas de Educación Especial, a axuda será de 250 euros sexa cal sexa o seu nivel de renda.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página