Grupo Academia Postal é unha das oito empresas que este mércores, 24 de xuño, asinará un convenio no que quedará impresa a súa vontade de galeguizar as diferentes actividades que leva a cabo como empresa líder do sector da formación en Galicia.  A empresa, ó amparo do Foro Peinador, asina este mércores un convenio polo que se compromete coa galeguización das súas actividades educativas e formativas.
 
  BLOG:  Fala galego con Academia Postal
 
 
Grupo Academia Postal fala galego
24 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Grupo Academia Postal é unha das oito empresas que este mércores, 24 de xuño, asinará un convenio no que quedará impresa a súa vontade de galeguizar as diferentes actividades que leva a cabo como empresa líder do sector da formación en Galicia.
Será no marco dun acto organizado polo Foro Peinador, que terá lugar no Pazo da Toxeiriña, en Moraña. A el asistirán Francisco Nóvoa Rodríguez, máximo responsable de Grupo Academia Postal, así como os representantes de Egatel, Celtic Estores, Factorías Vulcano, Itelsis, Pórtico Audiovisuales, Progando Travibus e Tuconsa, que tamén participarán na sinatura.

A empresa, con presencia en todas as cidades galegas, comprometerase a galeguizar diferentes trámites, algúns puramente administrativos, como a redacción de nóminas e contratos, e outros de máis presencia pública, como os que teñen que ver ca publicidade. Este convenio servirá, explica Francisco Nóvoa, para reforzar o traballo a prol da normalización lingüística que o grupo ven levando a cabo nos últimos tempos. De feito, fai anos que é posible acceder á paxina web do grupo en galego. Ademais a empresa conta cun Equipo e un Servizo de Normalización Lingüística así como cun blog que leva o título “Fala galego con Academia Postal”. Nese sentido, Francisco Nóvoa comparte a filosofía do seu Equipo de Normalización Lingüística: “O galego non é exclusivo da casa, da familia, da aldea… Debe estar presente en todos os aspectos da nosa vida, de forma natural. Pero para eso hai que incorporalo ó noso día a día. Témolo feito nalgúns ámbitos, como o da cultura, pero tamén é necesario un compromiso por parte do mundo da empresa”.

Ó acto asistirán, ademais dos representantes das empresas asinantes, Xosé X. Barreiro Prado, presidente da Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra; Manuel Ferreiro Losada, xeneral-xefe da Garda Civil; Luís M. García Mañá, xefe superior de Policía de Galicia; Manuel González González, secretario da Real Academia Galega; Joaquín Varela, director xeral do Igape; e Guillermo Sánchez, do CNP. Tamén asistirán integrantes do Foro Peinador, entre eles o seu presidente, Xosé González, así como representantes do mundo empresarial e financeiro.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página