Las 22 propuestas aprobadas en el Pleno de este martes
 
 
En materia de turismo, cultura, sectores productivos, infraestructuras, socio-laboral, forestal, medio ambiente, rural, economía, emprendimiento, emigración, termalismo y transparencia
 
   
 
 
6 de Noviembre de 2018: OURENSE DIXITAL

1.- SOCIO-LABORAL. Elaboración dun censo provincial sobre o número de persoas en risco de exclusión social e vítimas de violencia de xénero con vistas á elaboración dun plan de inserción laboral. En colaboración cos servizos sociais dos concellos, a elaboración dun censo de persoas en risco de exclusión social e vítimas de violencia de xénero permitiría o deseño de plans de inserción laboral axeitados a cada realidade, completando ao tempo outra iniciativa sobre o censo de persoas con necesidades de atención, como o probado por esta Deputación para os maiores que viven sos.

2.- SECTORES PRODUCTIVOS. Incorporación de informes sobre os sectores estratéxicos da provincia ao Observatorio Económico Ourensán. Aproveitar a plataforma que brinda o Observatorio Económico Ourensán para incorporar informes sobre sectores económicos estratéxicos na provincia, como por exemplo o viño, a castaña, a pataca e, sobre todo, de produtos con denominacións de orixe, selo de calidade ou indicación xeográfica protexida. Son informes que non existen nunha adecuada dimensión nin tratamento e que tamén supoñen unha forma de dar a coñecer o potencial da provincia.

3.- ENERXÍA E SOSTIBILIDADE. Fomentar desde a Deputación de Ourense a sostibilidade e o aforro enerxético, promovendo o uso de enerxías alternativas, o uso de tecnoloxías de baixo consumo, como por exemplo a tecnoloxía Led, e implantando nesta institución, na medida do posible, o uso de vehículos híbridos e eléctricos, sacando tamén unha liña de axuda para que os concellos da provincia poidan sumarse a esta iniciativa.

4.- MEDIO AMBIENTE. Mimetización e embelecemento das zonas de contedores de lixo. Crear unha liña de apoio da Deputación para a instalación de sistemas de contención de contedores de residuos sólidos urbanos, tendo cabida a instalación de recintos, cerramentos e illotes para contedores de residuos ou calquera outro mobiliario ou accesorio urbano relacionado coa correcta xestión dos residuos, ofrecendo unha solución estética, integradora e mimetizada coa paisaxe.

5.- FORESTAL. Prevención de incendios forestais. Convenio coa Consellería de Medio Rural para poñer a disposición a  maquinaria da Deputación de Ourense para complementar a limpeza de franxas de seguridade nos concellos.

6.-  CULTURA. Poñer en valor a obra e pegada da Xeración “Nós”, cumpríndose en 2020 os cen anos do primeiro número da revista “Nós”. A contribución ao pensamento galeguista e as súas achegas á nosa identidade merecen a posta en marcha de diferentes actividades, entre elas unha grande exposición en cooperación coa Xunta de Galicia.

7.- EMPRENDEMENTO. Promover e/ou apoiar a creación dun ecosistema de emprendemento a nivel provincial, tendo en conta o éxito dos programas de coworking postos en marcha en colaboración co Ministerio de Industria e o éxito emprendedor de moitos ourensáns ao longo da historia.

8.- EMIGRACIÓN. Creación da “Oficina do Emigrante Retornado e do Inmigrante”, prestando información, axuda e titoría para incorporarse a Ourense, residencia, oportunidades laborais e educativas, axudando a fixar poboación e facilitándolles a chegada á nosa provincia.
9.- TERMALISMO. Apoiar técnica, xurídica e mesmo economicamente a posta en marcha de establecementos termais dende a súa xénese, determinando a existencia de augas termais e caudal suficiente, mesmo nalgún concello da provincia que na actualidade non ten a consideración de vila termal, como si contan con esa acreditación 12 dos 92 que conforman o noso territorio.

10.- TURISMO. Elaboración dun plan de acción respecto ao protagonismo da provincia de Ourense no Xacobeo 2021.

11.- ECONOMÍA, EMPREGO E SECTORES PRODUTIVOS. Deseñar, coordinadamente con outras administracións e co sector privado, a implantación na provincia dun parque empresarial exclusivamente vinculado ao sector agroalimentario.

12.- SECTOR VITIVINÍCOLA. Implementar, a través dos consellos reguladores das catro denominacións de orixe da provincia, un portal de comercialización do sector con plan de marketing e comunicación online así como poñer en marcha, en colaboración cos propios consellos, unha feira/exposición anual do viño da nosa provincia.

13.- CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS LOCAIS. Avaliar mediante as enquisas correspondentes os servizos públicos prestados polos entes locais da provincia de Ourense, afondando na transparencia da xestión e na mellora permanente.

14.- CULTURA, DEPORTES E TURISMO. Elaborar unha estratexia turística provincial enfocada aos peregrinos, con vistas ao Xacobeo 2021, coa posta en valor dos camiños de Santiago que transcorren pola nosa provincia, así como a Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario Antonino que atravesa en diagonal a provincia de Ourense, de suroeste a nordés, desde a fronteira con Portugal en Portela do Home (Lobios) ata a serra da Enciña da Lastra (Rubiá).

15.- TERMALISMO. Crear a Rede Provincial de Concellos Termais, que abranga a todos os concellos con augas termais, con independencia do tipo de aproveitamento que se dea a estas e que afonde no desenvolvemento do potencial termal da provincia máis aló da súa asociación con área de benestar social. Co obxectivo de garantir a participación efectiva na toma de decisións dos concellos con potencialidades termais e promover o equilibrio territorial, a deputación reforzará a asistencia e cooperación coas entidades locais a través do traballo en rede na área do termalismo. Este rede, entre os seus primeiros cometidos, establecerá, tendo en conta as recomendacións dos colexios profesionais de saúde, un sistema integral de información terapéutica das principais augas mineiro-medicinais da provincia.

16.- MEDIO RURAL. Axudar e asesorar ás comunidades propietarias de montes veciñais en man común para a legalización da súa xestión no correspondente a estatutos, elección de xuntas reitoras e consulta das axudas públicas e posta en marcha de proxectos que xeren riqueza e emprego no rural.

17.- TRANSPARENCIA. Crear, na páxina web da Deputación de Ourense, un espazo denominado Información Económica, no que figure o estado de execución do orzamento (ingresos e gastos) e, en especial, que se publiquen os gastos realizados de xeito que figure: provedor, descrición do gasto e importe da factura aboada.

18.- DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SECTORES PRODUTIVOS. Facer un estudo da implantación da “Marca Ourense” de calidade na produción agroalimentaria, tendo en conta as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas coas que contamos no territorio provincial.

19.- DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E EMPRESARIAL. Estudar, con outras administracións públicas, a posibilidade de promover a constitución da Zona Franca de Ourense, tendo en conta ao solo industrial-comercial que se concentra na área onde se atopan o Polígono de San Cibrao das Viñas, a Tecnópole, o Polígono de Barreiros, a Cidade do Transporte e os parques empresariais do Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz e Taboadela, gañando en capacidade autónoma e decisoria empresarial así como en competitividade.

20.- SECTOR AGROALIMENTARIO. Campaña “da horta ao mercado”. Esta campaña é unha actividade que se enmarca dentro da liña de promoción dos mercados saudables e de proximidade. Obxectivos xerais da campaña: apreciar a riqueza alimentaria dos produtos de proximidade; mellorar os hábitos alimentarios e de consumo; dar a coñecer o ciclo da vida dos produtos agroalimentarios desde a súa produción ata chegar ao consumidor; e valorar os mercados como centros de comercialización natural dos produtos de proximidade e como un instrumento de socialización.

21.- INFRAESTRUTURAS VIARIAS. Negociación para o traspaso das vías provinciais que transcorren pola cidade de Ourense ao concello. A Deputación iniciará un proceso de negociación cos concellos que teñan vías provinciais, e singularmente co concello de Ourense, pola dimensión da rede provincial no seu termo, aos efectos de traspaso da rede viaria para evitar así problemas xurídicos, presentes e futuros, coa utilización do espazo público.

22.- TRANSPARENCIA. Inclusión de cláusulas sociais nos contratos administrativos que subscriba a Deputación.

1. A Deputación introducirá, para os futuros contratos administrativos que subscriba, cláusulas sociais en relación co obxecto do contrato, cos criterios de solvencia técnica e profesional, coas especificacións técnicas e cos criterios de adxudicación que deberán ter a súa expresión no proceso.

2. A Deputación terá en conta a Lei de Contratos Públicos e, a efectos de contratar, a non concorrencia de prohibicións nas diferentes empresas licitadoras mediante declaracións responsables e outros medios de acreditación que se estipulen nos pregos de cláusulas administrativas.

3. En caso de incumprimento por parte do contratista das cláusulas sociais que se introduzan nos pregos de contratación, ou coñecida a existencia dunha sentencia firme condenatoria pola comisión de calquera feito anterior á sinatura do contrato que atente contra algún dos dereitos fundamentais recoñecidos na Constitución, o Estatuto dos Traballadores/as, ou algún dos delitos tipificados no código penal, o órgano de contratación resolverá o contrato e inhabilitará temporalmente ao contratista para volver contratar coa Deputación, podendo adxudicar o que reste do contrato á empresa que na licitación quedara en segundo lugar, e, no caso de renuncia de esta, a quen a seguiron na orde de clasificación
.

 
 
 Imprimir Página
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
     
  Noticias Relacionadas  
 

Las 10 propuestas de Baltar Blanco a título personal, como ya ocurrió en ocasiones anteriores

 
 

El Pleno de Debate del Estado de Ourense dibujó dos provincias distintas, según quien trazara fuera el gobierno o la oposición

 
     
     
 
HACE HOY UN AÑO
7, Martes

 
     
     
 
 
 
   
  • RESULTADOS por Concellos  
  • TODOS LOS CONTENIDOS  
   
  • RESULTADOS por Concellos  
  • TODOS LOS CONTENIDOS  
   
  • RESULTADOS por Concellos  
  • TODOS LOS CONTENIDOS  
   
  • RESULTADOS por Concellos  
  • TODOS LOS CONTENIDOS  
     Candidaturas en 2015 | 2011 | 2007  
   
  • RESULTADOS por Concellos  
  • TODOS LOS CONTENIDOS  
   
   
   
 
     
     
   
     
     
 
 
  Cinco concellos de menos de 3.000 vecinos entre los 10 que más pagan a sus alcaldes
  7 por encima de los 40.000, 17 que rebasan los 30.000 y otros 18 de más de 20.000
  Los alcaldes de los concellos más pequeños son los que más le cuestan a sus vecinos
  El sueldo se lo ponen al margen de la población que tienen sus concellos
  113 munícipes ourensanos habrán cobrado de sus concellos al final de este mandato más de 10 millones de €
  Cientos de miles de euros permanecen en la más absoluta opacidad
  Concello de Ourense: transparencia (relativa) con visión equívoca (datos obsoletos)