Adxudicada a restauración do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense, á que seguirá a Capela de San Xoán
 
A Consellería de Cultura e Educación vén de axudicar por 64.000 euros as obras de restauración do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense. Terán que estar concluídas antes de que conclúa o ano. Anuncia a Consellería de Vázquez Abad que proximamente se porá en marcha a reparación da Capela de San Xoán da Catedrál ourensá, que contará cun orzamento de máis de 310.000 euros. Ao remate destes trabalos, o investimento será de 374.000 euros.
 
 
 
 
 
8 de AGOSTO de 2013: OURENSE DIXITAL

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén de adxudicar as obras de restauración do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense por un importe total de 64.000 euros. Os traballos comezarán nas vindeiras semanas e rematarán antes de que conclúa o ano, e con eles poderase recuperar e poñer en valor un elemento histórico do século XIII que preside o conxunto catedralicio ourensán, segundo sinala o departamento de Xesús Vázquez.

Nesta segunda fase das obras de mellora procederase á restauración da policromía das arcadas do Pórtico, ademais do conxunto de elementos arquitectónicos e escultóricos pétreos e lígneos que o conforman.
Na contrafachada os traballos limitaranse polo de agora aos elementos escultóricos (escultura sedente do Rei Salomón, grupos de anxos e capiteis).

Esta actuación complementa ós investimentos realizados pola Consellería entre 2011, 2012 e o que vai de 2013 no templo ourensán, que ascenden a un total de 335.804 euros. Ademais, proximamente, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural poñerá en marcha a reparación da Capela de San Xoán, tamén situada na Catedral ourensá, onde se investirán máis de 310.000 euros entre 2013 e 2014. Deste xeito, ambos proxectos supoñen un total de 374.000 euros, que se suman ós diversos esforzos emprendidos nos últimos anos para a restauración e conservación deste monumento, demostrando unha vez máis o compromiso do departamento de Vázquez Abad co patrimonio cultural galego.

No que se refire ás obras da Capela de San Xoán, a Xunta de Galicia busca que este templo, construído no século XV, poida abrir de novo ao público. Entre os traballos a realizar destacan a restauración das vidreiras, do retablo e dos paramentos interiores e exteriores, así como o saneamento do patín norte. Tamén se levará a cabo a corrección dos problemas de humidades, que están a orixinar certas complicacións no templo medieval.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, MIÉRCOLES
 
Rodríguez acusa a Núñez de "enganar aos ourensáns" retrasando obras sanitarias con "entelequias futuristas"
El PP exige al Secretario que se pronuncie sobre la validez de las alegaciones al Presupuesto de 2012
Fidalgo advierte a los estafados de las preferentes de que poca ayuda tendrán de Madrid y Santiago
Los policías ourensanos convocados a protestar este miércoles los recortes de derechos y salariales
El Arqueolóxico de Ourense acoge este miércoles un Obradoiro de Arqueoloxía Infantil