Os Biocos de San Xoán de Río convoca para setembro unha fin de semana astronómica para toda a familia
 
Os Biocos, en San Xoán de Río, organiza para a primeira fin de semana de setembro un AstroBiocos, un fin de semana astronómico para toda a familia. Coa experiencia xa de edicións anteriores, os organizadores confían en acadar unha nova edición aínda máis exitosa, cun programa cheo de actividade e iniciativas en col das estrelas.
 
 
 
 
 
5 de AGOSTO de 2013: OURENSE DIXITAL

Charlas didácticas impartidas por profesionais e expertos e divulgación; obradoiros e actividades didácticas, seminarios teóricos e teórico-prácticos a diferentes niveis; observacións astronómicas nocturnas e solares; e contactos coas asociacións astronómicas galegas, compoñen a oferta astronómica que fai o Campamento Os Biocos, en San Xoán de Río, para os primeiros días do mes de setembro.

Ao título AstroBiocos, os responsables do Campamento fan unha proposta de "fin de semana astronómico para toda a familia" neste espazo de San Xoán de Río. O Campamento de Os Biocos está considerado como un lugar moi apto para esta actividade, por canto depara "un ceo excelente", e o fin de semana fixado e o do 6 ao 8 do vindeiro mes de setembro.

En calquera caso, Os Biocos lembra que a actividade astronómica é unha das que se pode disfrutar calquera día ou noite de campamento neste punto da provincia, entre outras actividades que depara como as relativas ao deporte de aventura, o sendeirismo, as bicicletas de montaña ou o xogo propiamente dito.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA