O Pemento da Arnoia xa ten indicación xeográfica protexida a solicitude dos seus produtores
 
As 66 toneladas de pementos que Arnoia ven producindo ao ano, pasan a ter indicación xeográfica protexida e, en adiante, maior control. A Xunta de Galicia ven outorgarlle dita indicación a proposta dos produtores que presentaron o 11 de xuño o correspondente borrador de regulamento. Agora terán que darse unha serie de pasos relativos a dita regulación.
 
 
 
 
 
5 de AGOSTO de 2013: OURENSE DIXITAL

O Pemento da Arnoia xa ten indicación xeográfica protexida. O Diario Oficial de Galicia ven de publicar tal indicación xeográfica protexida, que lle concedeu a Xunta de Galicia. O borrador do regulamento da indicación foi presentado polos propios produtores da zona o pasado 11 de xuño.

A indicación Pemento da Arnoia protexerá aos pementos que cumpran na súa produción, recolección, almacenamento e comercialización todos os requisitos esixidos polo regulamento aprobado. Así mesmo, as zonas de produción amparadas pertencen ao termo municipal de A Arnoia e a parroquia de Meréns, do municipio de Cortegada.

A Xunta cifra a produción en preto de 66.000 quilogramos ao ano, con un número de produtores de uns 20 e cunhas 2,2 hectáreas adicadas a produción pementeira.
Agora, a Consellería de Medio Rural e do Mar aprobará o programa de control, os procedementos operativos, as instrucións técnicas e os formatos relativos ao proceso de control e certificación da indicación xeográfica protexida, que serán integrados no Manuel de Calidade do Pemento da Arnoia.
Tamén corresponderá á Administración autonómica tutelar o Consello Regulador, ente que será o encargado de xestionar a denominación Pemento da Arnoia. Ao Instituto Galego de Calidade Alimentaria competerá o control e certificación dos pementos acollidos a esta nova indicación xeográfica protexida, IXP.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA