Martín, en nome de Ourense, deulles a benvida aos 9 nenos saharauis do Programa Vacacións en Paz deste ano
 
Este verán son 9 os nenos saharauis que desfrutan doutro programa de estadías con familias ourensáns Vacacións en Paz do Concello de Ourense. É un programa que se ven desenvolvendo dende o ano 1996, e que se leva a cabo a través dun convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A concelleira de Benestar, Marga Martín, deulles a benvida este martes.
 
 
 
 
 
17 de XULLO de 2011: OURENSE DIXITAL

A concelleira de Benestar Social, Marga Martín, saudou esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Ourense, xunto a técnicos da Concellería e membros da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, aos nove nenos que participan nunha nova edición do programa Vacacións en Paz do Concello de Ourense.
Co fin de proporcionarlles unha experiencia agradable a estes nenos e nenas nados nun clima de guerra e darlles a posibilidade de coñecer formas distintas de vida, nove familias ourensás os acollerán durante os meses de xullo e agosto.

Durante a súa estadía, os nenos realizarán diversas actividades en grupo, como a visita ás zonas termais e outros rincóns da cidade. Así mesmo, os nenos e nenas participantes que o desexen, que teñen entre 7 e 12 anos de idade, poderán realizar consultas odontolóxicas gratuítas. O programa de acollida, que se ven desenvolvendo na cidade dende 1996, realízase a través dun convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
A súa estadía en Ourense evita que permanezan no deserto nos meses de máis calor, que en ocasións superan os 50 graos á sombra.
O Concello sufraga os gastos de avión e autobús e organiza actividades de lecer cos rapaces durante a súa estadía para reforzar as relacións con outros menores residentes na cidade e darlles a oportunidade de coñecer unha nova cultura, un novo idioma, uns novos costumes.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Marga Martín  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA