Deputación de Ourense e Universidade de Vigo firman un convenio sen cartos para investigar o poder local
 
Deputación de Ourense e Universidade de Vigo asinaron este martes o primeiro convenio (ou un dos primeiros convenios) sen cartos que se levan asinado. Tratase dun convenio, "pioneiro" si dixo, para investigar a Historia do poder local. Levará lustros segundo dixo o seu coordinador, o profesor Xulio Prada, e Baltar explicou que se trata de "unha nova maneira de cooperación institucional na que unimos sinerxias para devolverlle á sociedade ourensá o que noutros tempos nos deu".
 
 
 
 
 
3 de XULLO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo colaboran para levar a cabo un estudo "pioneiro" no eido da historia contemporánea. Trátase dunha investigación sobre a Historia do poder local, que coordinará o profesor e investigador Xulio Prada, da Universidade de Vigo, e que, segundo sinalou ao ser presentado o seu coordinador, "levará varios lustros, dada a cantidade de información que temos que manexar o que, unido ao feito de que é un estudo único e singular, teremos que abordar o traballo en varias fases, abranguendo os anos 1917 ao 1975", explicou o historiador, especialista en Historia Contemporánea.

Para a realización de dito estudo, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron un convenio de colaboración que permitirá dixitalizar a documentación patrimonial e histórica da institución provincial.
Segundo se sinalou ao ser firmado o documento, o convenio non supón achegas económicas por ningunha das dúas institucións: "é unha nova maneira de cooperación institucional na que unimos sinerxias para devolverlle á sociedade ourensá o que noutros tempos nos deu", afirmou Manuel Baltar, destacando que os 14 meses de vixencia do acordo permitirán realizar un exhaustivo traballo de dixitalización dos fondos documentais da Deputación de Ourense "que logo quedarán a disposición de todos e servirá para relanzar o noso patrimonio histórico dun período tan importante para a sociedade como foi o século XX".

Salustiano Mato dixo que este modelo de colaboración entre Deputación de Ourense e Universidade de Vigo "é o resultado de harmonizar as capacidades de ámbalas dúas institucións, intercambiando coñecemento e investigación, nuns espazos de colaboración que cobren unhas necesidades históricas importantes, que agradecen tanto os investigadores como a sociedade en xeral".  

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, MARTES
 
Ni los parados se salvan del trato "inxusto" de la Xunta de Galicia a Ourense, denunció este lunes el alcalde
Sánchez Presedo traslada a la UE el caso de las cianobacterias de As Conchas, y recuerda que ...
O persoal relacionado coa estranxeiría revisa este martes a normativa estatal que regula esta competencia
Ourense acolle dende este martes as xornadas sobre "Cidadadanía, cidade e cultura. Tempo de crise"
Máis de 240 nenos participan este verán nas actividades dos centros cívicos da capital ourensá