SMD e Club Ourela achegan ao Pavillón de Os Remedios de Ourense este sábado a patinaxe artística
 
Ourela tenta de introducir a patinaxe artística na capital ourensá, cando menos. Esta cidade é a única de Galicia na que dito deporte non ten aínda presenza. Os responsables deste Club e o Servizo Municipal de Deportes organizan para este sábado una xornada demostrativa de ata onde pode chegar a patinaxe artística.
 
 
 
 
 
27 de XUÑO de 2013: OURENSE DIXITAL

O Club Deportivo Ourela e o Concello de Ourense organizan este sábado, 29 de xuño, ás 18:30 Hs. no Pavillón de Deportes de Os Remedios desta cidade, unha exhibición de patinaxe artístico. A iniciativa servirá como presentación oficial deste Club Deportivo Ourela na cidade, e un intento por introducir esta modalidade deportiva entre a mocidade ourensá.

Así o explicaron este mércores os responsables do Club, que incidiron en que Ourense é a única capital galega na que a patinaxe artística non ten presenza de ningún tipo ata o de agora, polo que decidiron para esta data traer unha representación dos equipos que existen en Galicia. "Podíamos traer a campións, pero preferimos traer unha mostra do que son os actuais equipos galegos", sinalaron os responsables de Ourela.

En todo caso, este sábado estarán na capital ourensá, entre os máis de 50 patinadores que tomarán parte nesta demostración, os subcampións de España senior en parella de danza, e parella cadete que ven de clasificarse terceira en España, así como o grupo de show do Club Alquimia con ampla experiencia en campionatos nacionais e internacionais.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, MIÉRCOLES
 
La alcaldesa de Sandiás pide a Medio Ambiente de la Xunta ayuda para limpiar la zona de las areneras
As entidades da diáspora debaten esta semana o futuro do galego no X Pleno do Consello das ...
Convocada una nueva edición del certamen de fotografía "Viña do Campo" con más de 3.000 euros en premios
Arrancou o torneo dos champións, o III Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala co apoio da Concellería ...
Seis vecinos de Ourense detenidos como implicados en una red para dar el cambiazo de compañía eléctrica