Aprobada a achega extra de case 150.000 euros para rematar o Centro do Coñecemento de La Molinera
 
As obras do antiguo edificio de La Molinera afrontar o seu treito final, toda vez que a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mércores a partida orzamentaria que permitirá rematalas. Ao mesmo tempo, aprobouse a compra dun solar na Praza da Trinidade. Para o Centro de Coñecemento destinase unha partida de case 150.000 euros que se engaden aos 170.000 que se levan gastado, mentras que para a compra do solar da Trinidade habilítase unha partida de 113.447 euros.
 
 
 
 
 
27 de XUÑO de 2013: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mércores o proxecto de modificación orzamentaria que permitirá rematar as obras de construción do Centro de Coñecemento 2012, no antigo edificio de La Molinera, e adquirir un solar na Praza da Trinidade.
O proxecto de modificación orzamentaria será presentado a aprobación inicial por parte do Pleno do Concello (previo ditame da Comisión de Pleno) na súa próxima sesión, a ordinaria do mes de xullo que terá lugar o venres, día 5.

No caso do remate das obras de La Molinera e da compra do solar na Praza da Trinidade, a modificación orzamentaria incrementará os créditos de dúas partidas xa existentes no orzamento. A de Inversións en Centro de Coñecemento 2012 (170.000 euros) auméntase en 149.566,81 euros, ata acadar unha cifra de 320.000, importe do proxecto necesario para rematar as obras, mentres que a de Adquisición de edificios Urbanismo se aumenta en 113.447,90 euros para a adquisición deste solar.

O proxecto de La Molinera inclúe todolos traballos necesarios para a entrada en servizo deste novo equipamento, sito no contorno do Ben de Interese Cultural das Burgas, que ten como finalidade potenciar o desenvolvemento desta zona e dotar á cidade dun equipamento destinado a potenciar o uso e desfrute dos beneficios das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
Achegará aos cidadáns un conxunto de espazos orientados á produción, investigación e difusión da cultura dixital e do ámbito de confluencia entre arte, ciencia, tecnoloxía e sociedade.
O Centro de Coñecemento, que se constrúe co apoio do Plan Avanza do Ministerio de Industria, contará con servizos como sala de ordenadores de uso social con 36 postos, obradoiros de Impresión 3D, Audio, Electrónica, Vídeo, Área de Co-working, auditorio e laboratorio de Emisión Audiovisual a través de Internet.

Baixas de créditos para incrementar outras partidas

O total de créditos que se incrementan (263.014,71 euros) obtense de baixas polo mesmo importe nas partidas de Edificio para Concellería de Economía (149.566,81 euros), Actuacións de planeamento e desenvolvemento (28.198,94), Actuacións en vías públicas (2.248,96), Patrimonio municipal de solo (63.000) e Consititución de empresa municipal de vivenda (20.000).
Exposición pública

O expediente de modificación de créditos, unha vez aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, será exposto ao público por prazo de 15 días hábiles, logo do anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar as reclamacións que estimen oportunas. O expediente de modificación de créditos considerarase definitivamente aprobado se durante ese período non se presentaran reclamacións.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, MIÉRCOLES
 
La alcaldesa de Sandiás pide a Medio Ambiente de la Xunta ayuda para limpiar la zona de las areneras
As entidades da diáspora debaten esta semana o futuro do galego no X Pleno do Consello das ...
Convocada una nueva edición del certamen de fotografía "Viña do Campo" con más de 3.000 euros en premios
Arrancou o torneo dos champións, o III Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala co apoio da Concellería ...
Seis vecinos de Ourense detenidos como implicados en una red para dar el cambiazo de compañía eléctrica