Profesionais do audiovisual xúntanse en Ourense a finais de xuño para debater sobre Territorios creativos
 
A Deputación de Ourense anunciou para finais deste mes de xuño, un par de xornadas sobre Territorios Creativos, dirixido a profesionais do audiovisual, a ilustración e as novas tecnoloxías, procedentes de Galicia, Francia, País de Gales e Portugal. É unha actividade que se enmarca dentro do proxecto Imagina Atlántica.
 
 
 
 
17 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense organizará, dentro das actividades do Proxecto Imagina Altántica, unha conferencia internacional sobre Territorios Creativos os días 27 e 28 de xuño no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O evento reunirá en Ourense a profesionais do audiovisual, a ilustración e as novas tecnoloxías, procedentes de Galicia, Francia, País de Gales e Portugal.

Este proxecto de innovación e I+D posibilitou a realización de  actividades de promoción do patrimonio do Espazo Atlántico, nas que destaca as novas ferramentas para a promoción da Ribeira Sacra (aplicacións para móbiles e tablets sobre en catro idiomas: galego, castelán , inglés e portugués), e a futura remodelación do Centro de Interpretación da Ribeira Sacra e da Vida Monástica de San Pedro de Rocas, que se presentarán na Conferencia. Así mesmo, déuselles a oportunidade a novos creadores para a realización de prácticas e difusión das súas producións, priorizando os recursos existentes e dando lugar á creación e promoción do emprego xuvenil neste ámbito.

Entre as actividades realizadas no proxecto Imagina Altántica deseñáronse programas de intercambio de estudantes e profesionais; realizáronse seminarios técnicos internacionais, e creáronse produtos e circuítos turísticos e culturais utilizando os recursos patrimoniais e as capacidades de expresión dos territorios. Ademais, realizouse un concurso de obras de arte numérica, implicando unha posta en común de recursos do espazo atlántico, así como  a circulación dos creadores a través de accións colectivas de produción orientadas á valorización do patrimonio histórico.

Tamén se creou unha plataforma virtual para a publicación e difusión  dos novos creadores e un espazo de colaboración entre os profesionais, estudantes, novos creadores e formadores. Desta maneira, facilítase a circulación dos novos creadores, o que permitirá aos gañadores do Concurso de Arte Dixital expoñer as súas obras en Ourense durante a celebración da Conferencia Internacional sobre Territorios Creativos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 16, SÁBADO
 
El PP de Allariz pide al Gobierno de Paco García que desista del farol de querer cobrar recibos que han prescrito
El Concello de Ourense elige a la empresa más ecológica para la limpieza de los 17 colegios públicos de la ciudad
El lunes comienza la segunda fase de los trabajos de corrección de la pasarela de Oira sobre el río Miño
Lodoselo, en Sarreaus, completa a súa oferta para os maiores ao inaugurar o seu Centro de Día
O xornalista Xosé Lois Rúa, Cambalán, recibe este sábado a Medalla de Ouro da Real Banda de Gaitas ...