A mes e medio para agosto, presentouse este mércores a 26 edición do Campamento Urbano de Amencer
 
Con moito tempo de anticipación, foi presentada este mércores unha nova edición, a 26, do Campamento Urbano de Amencer que se celebrará, como xa é costume, na primeira metade do mes de agosto. Poucas novidades ou ningunha nesta nova edición, que repite formato e intencións. Este ano o lema será Coma na casa, e lembrouse que a iniciativa vai dirixida a nenos de 8 a 15 anos, mentras que os de máis de 15 disporán dunha nova edición do campamento xuvenil.
 
 
 
 
13 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Xulio César Iglesias e Laura Valcárcel, de Amencer, e María Devesa, concelleira de Xuventude do Concello de Ourense, anticiparon xa este mércores a programación e os detalles da XXVI edición do Campamento Urbano de Amencer. Un clásico dos meses de agosto nesta cidade, que volverá a celebrarse entre o 1 e o 13 do vindeiro mes de agosto.

Coma en anos anteriores, o campamento está destinado a rapaces de 8 a 15 anos -e máis de 15 anos para o xuvenil-, nunha oferta aberta, libre e gratuíta, a fin de que poidan participar todos aqueles rapaces que o desexen, e que pasen as súas vacacións de verán na cidade de Ourense.
O obxectivo é "promover actividades de ocio e tempo libre educativo, á vez que se proporciona aos nenos unha integración completa co entorno natural, social e cultural, fomentando a súa capacidade de participación en promovendo a convivencia co coñecemento mutuo", sinalaron os responsables da iniciativa.
Entre as actividades que se ofertan atópase a animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, ludoteca, xogos organizados, termas, visita a bibliotecas ou cine.

O horario do campamento urbano é de 10:30 h. a 13:30 h. e de 16:30 h. a 19:30 h. Os interesados poden facer a inscrición na sede de Amencer, sita no colexio Salesianos ou na Concellería de Xuventude, sita na Praza de San Martiño número 2, baixo. Os organizadores estiman a participación duns 700 rapaces.
A concelleira de Xuventude, María Devesa, salientou que unha das claves para manter o apoio do Concello na actividade é "que para 3 de cada 4 nenos é a súa única experiencia en campamentos, o que amosa que moitos queren, pero non todos poden participar nas actividades que lles gustaría".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 13, MIÉRCOLES
 
La Asociación As Conchas y el Grupo ALBIOTOX dicen tener la "solución definitiva" al bloom de las cianobacterias
Con la empresa abocada a un ERE, el Consejo de Administración de "Adolfo Domínguez" se reparte ...
El Colegio de Médicos rebate a Xerencia: la anterior jefa de Oncoloxía Radioterápica es una excelente profesional
Hernández cifra en 23 millones la inversión de la Xunta en vivienda pública en Ourense en este mandato
Acusan al alcalde de O Carballiño de mentiroso, y dicen que falabarato "se lle queda incluso corto"