O Concello de Ourense rende este martes recoñecemento a Manuel de Dios como fillo adoptivo da cidade
 
O Salón de Plenos do Consistorio de Ourense acollerá a partires do mediodía deste martes o acto solemne de recoñecemento a Manuel de Dios como fillo adoptivo da cidade de Ourense. O alcalde faralle entrega do pergamino con tal mención ao fillo do artista, e, de seguido, as honras proseguirán na rúa Portocarreiro, na que se descubrirá unha placa coa que se lle dará nome á rúa do artista.
 
 
 
 
11 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense renderá este martes homenaxe ao artista Manuel de Dios Martínez, culminando cos actos institucionais o seu nomeamento coma fillo adoptivo da cidade. A apertura da sesión plenaria de honra a de Dios será ás 12 do mediodía no Salón de Plenos, onde a concelleira de Cultura, Ana Garrido, dará lectura á proposta de nomeamento, e o Secretario do Pleno dará lectura ao acordo plenario (de 7 de setembro de 2012) de concesión de título de fillo adoptivo.
De seguido, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, fará entrega ao seu fillo, Manuel de Dios Hernández, dun pergamino no que se recolle o acordo plenario, e ambos adicarán unhas verbas ao homenaxeado.

A homenaxe continuará a 13:15 Hs. na rúa Portocarreiro, na que se descubrirá unha placa coa que se lle dará nome á rúa do artista.
"O Concello rende así homenaxe á figura do senlleiro artista ourensán de adopción baseándose no seu compromiso con Ourense, a súa dimensión humana e a súa faceta coma docente, músico, compositor, director e poeta, os seus méritos o convirten en fillo adoptivo a título póstumo", sinálase dende a Concellería de Culturla.

Manuel de Dios naceu no ano 1930 en San Xes da Rabeda. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con Benito Varela Jácome, Carlos Casares, Francisco Javier Carro e J. F. Ferreiro.
Desenvolveu a súa vocación literaria coa amizade de poetas locais como Abelardo Santórum, Víctor Campio, Serafín Gómez e Antón Tovar.

Exerceu o seu labor docente como profesor de Música e Literatura na antiga Universidade Laboral de Ourense de Filosofía e Lingua e Literatura Españolas no Instituto do Posío, hoxe chamado IES Otero Pedrayo.
A súa obra musical e poética está enraizada no amor á terra e a esta nosa Auria, berce de homes ilustres, altruístas na defensa do común, orgullosos da fala, amantes da música e traballadores dos versos que ensalzan a nosa forma de vida.
Da súa produción literaria cabe destacar as publicacións en Sete poetas ourensáns, así como incontables estrofas que compuxo, para engadir aos cantos populares, e principalmente Cantares, no que amosou o seu dominio da poesía popular e da clásica e no que hai que subliñar os seus sonetos e minigramas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 11, LUNES
 
Celso Delgado plantea la reforma del Código Penal para endurecer las penas a quienes provoquen incendios forestales
Las Xornadas de Termalismo de Ourense alertan de la falta de regulación a nivel estatal del turismo de salud
Los socialistas de Carballiño le piden a Marnotes lo que él pidió siendo oposición: la maqueta de A Veracruz
Los socialistas de Leiro animan al alcalde a gastar en obras necesarias, como el vial de Paredes a Orega
Alumnos del "Padre Feijóo-Zorelle" desarrollaron un proyecto de comunicación a través del dibujo y la pintura