Entran en servizo esta fin de semana as piscinas de Oira, Os Remedios, Monterrei e Xinzo de Limia
 
Fin de semana determinante para a apertura da tempada do baño estival en Ourense. Entran en servizo as piscinas de Oira na cidade, de Monterrei nas proximidades da capital, e de Xinzo de Limia, abertas dende este venres, ás catro da tarde. Todo o demais, incluído o peche do servizo, dependerá do que o tempo axude.
 
 
 
 
 
8 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Este sábado, 8 de xuño, o Concello de Ourense da comezo a tempada estival de baño na cidade coa apertura das piscinas municipais de Oira.
Tamén desde este sábado, abre a piscina municipal exterior do Pavillón dos Remedios, con entrada gratuita para aboados e a 3 euros para o público en xeral.

No caso das piscinas municipais de Oira, o horario de apertura vai das 11 da mañá ás 9 da tarde, ininterrumpidamente, de luns a domingo. Aquí o acceso será de balde, e está previsto que a apertura dos dous vasos destas piscinas se prolongue ata o mes de setembro, mes no que o seu peche dependerá da meteoroloxía e o que verán se prolongue.
Co mesmo horario ao baño funcionará a piscina exterior do Pavillón de Os Remedios, aínda que só de luns a sábado.

As piscinas de Oira contará cos servizos axeitados de Protección Civil adscritos ao Plan de Salvamento de Praias, así como con persoal do Consello Municipal de Deportes.
A apertura destas piscinas chega unha fin de semana despois das do Parque Tecnolóxico que rixe a Deputación de Ourense, e que nos últimos anos sempre son nas que primeiro abre a tempada de baño na provincia de Ourense.

Monterrei abre tamén o sábado e mantén os prezos de 2011

Xa que as de Monterrei, que rixe a Xunta de Galicia no enclave do mesmo nome do concello limítrofe coa cidade de Pereiro de Aguiar, tamén abrirán ao baño este sábado.
Así o anunciaron os responsables deste recinto, Mario Guede como xefe do Servizo de Deportes, e Rogelio Martínez, delegado territorial da Xunta.

Ao igual que o pasado ano, as tarifas serás as mesmas que as do verán de 2011, polo que contabilizan o segundo ano sen variar: 1,20 euros para os cativos, e 2,20 euros para ao resto a partires dos 18 anos.
Rogelio Martínez sinalou que estas instalacións contabilizaron o pasado ano máis de 58.000 usuarios.
De cara a esta campaña, o delegado da Xunta deu conta de que se levaron a cabo pequenas actuacións para mellorar estas instalaciones, como foron o resementado do céspede na zona do solario ou o acondicionamento dos vestiarios de información.

As piscinas de Monterrei abrirán durante todo o verán ata novo aviso de 12 do mediodía a 9 da tarde, mentras que o resto das instalacións abrirán ás 8 da mañás e pecharán unha hora máis tarde, ás 10 da noite.

Fora da capital, a piscina de Xinzo é a que máis madruga

Fora da capital ourensá, Xinzo de Limia convértese no primeiro concello da provincia que deu tamén por aberta a tempada de baños estivales.
Ás 4 da tarde deste venres, 7 de xullo, as piscinas abriron ao público. O Concello de Xinzo destaca que é a primeira vez que as piscinas municipales se poñen en marcha na primeira semana do mes de xuño.

Tamén neste caso, o responsable de Deportes de Xinzo subliña que os prezos das entradas e os carnés para aboados manteñen os custes das pasadas campañas co correspondente incremento do IPC.
Os horarios serán de catro a oito e media da tarde de luns a venres ata o día 21 deste mes, e a partir desta data de 12 do mediodía a oito e media.
A piscina municipal é xestionada, outro ano máis, pola empresa Saudeter.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, VIERNES
 
El TSXG valida al Concello de Ourense el primer tribunal de oposiciones sin políticos ni representantes sindicales
Ourense tendrá su primer hotel termal a ubicar donde la antigua cárcel, a finales del año 2014
Oficina de Turismo y Centro Termal das Burgas conformarán un todo para ser gestionados en un futuro
Denuncian la existencia de centros de salud en Ourense que tendrían que ser clausurados, caso del de Padrenda
SATSE llama a la Corporación de Barbadás a no permitir la supresión de enfermeros en este Centro de Saúde