Manuel Baltar asegura que o Inorde estará no plan piloto que fai a Deputación para o Goberno do Estado
 
Baltar Blanco presidiu este venres a primeira comisión executiva o Instituto de Desenvolvemento Económico como presidente do Inorde. Nesta reunión, a que tamén asistiu por primeira vez o novo presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, Manuel Baltar adiantou que o Inorde "será un dos protagonistas no plan piloto de Racionalización da estrutura administrativa encargado polo Ministerio de Facenda".
 
 
 
 
 
8 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu este venres, 7 de xuño, a súa primeira comisión executiva como titular do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico. Na xuntanza tratouse a dación de conta da designación do novo presidente do Inorde; a designación de representante do Inorde no Consello de Administración de Xestur Ourense, S.A., no Consello de Administración do Parque Tecnolóxico de Galicia, S. A., e de vogal cooperador do pleno da Cámara de Comercio de Ourense; e, finalmente, a modificación do acordo da comisión executiva do día 6 de maio de 2013 no referente á venda das acción do Inorde en Turgalicia. O acto terá lugar na sala de xuntas do Inorde.

Ao remate da xuntanza Manuel Baltar dixo que o Inorde "será un dos protagonistas no plan piloto de Racionalización da estrutura administrativa, encargado polo Ministerio de Facenda, e que está a ultimar a institución provincial para poder aplicar nas demais deputacións de España, logo dos bos resultados que este programa esta a dar aos concellos de Ourense, tanto no que atinxe ao aspecto económico como de eficacia na operatividade da xestión".

Na reunión do comité executivo, á que tamén asistiu por primeira vez o novo presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, analizáronse asemade os proxectos que ten en marcha o Inorde e o importante papel que vai seguir desenvolvendo en ámbitos como o da internacionalización de empresas, o comercio exterior e apoio aos sectores estratéxicos da provincia de Ourense como son, entre outros, o do viño, a pizarra ou o termalismo.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, VIERNES
 
El TSXG valida al Concello de Ourense el primer tribunal de oposiciones sin políticos ni representantes sindicales
Ourense tendrá su primer hotel termal a ubicar donde la antigua cárcel, a finales del año 2014
Oficina de Turismo y Centro Termal das Burgas conformarán un todo para ser gestionados en un futuro
Denuncian la existencia de centros de salud en Ourense que tendrían que ser clausurados, caso del de Padrenda
SATSE llama a la Corporación de Barbadás a no permitir la supresión de enfermeros en este Centro de Saúde