Dúas actividades pechan esta fin de semana o Programa Ociourense deste ano da Concellería de Saúde
 
Con dúas actividades, a Búsqueda do Tesouro e a Andaina Saudable, chega ao seu remate o Programa Ociourense do Concello desta cidade esta fin de semana. A andaina celebra o Día Mundial Sen Tabaco, mentras que a Búsqueda do Tesouro pretende fomentar as ruta biosaudables que combinan os beneficios dunha camiñata con paradas para o acondicionamento físico.
 
 
 
 
1 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

A terceira edición do programa da Concellería de Saúde Ociourense chega esta fin de semana ao seu fin, coa celebración de dúas das actividades principais do programa. Este sábado, a partir das 18:00 Hs. na Praza Maior dará comezo a Búsqueda do Tesouro, consistente nun xogo de pistas que premiará a rapidez e a destreza á hora de superar unha serie de probas.  Esta actividade está dirixida a maiores de 15 anos, que participarán no xogo por parellas.

Con esta iniciativa, o Concello de Ourense pretende fomentar as rutas biosaudables que combinan os beneficios dunha camiñata con paradas para o acondicionamento físico, e paralelamente amósannos a cidade na que vivimos, dentro dun ambiente lúdico.

A partir das 9 da maña, celébrase o domingo unha Andaina saudable, que significará a clausura do programa, e que conmemora o Día Mundial Sen Tabaco, que se celebra este 31 de maio. A andaina, que consta de 10.000 pasos -a recomendación diaria para un adulto san- sairá da Alameda do Concello ás 10:00 Hs.. e discorrerá pola beira do río Miño, durante seis quilómetros. Ao remate da andaina, os participantes recibirán obsequios vencellados a estilos de vida saudables.

O percorrido exacto é o seguinte: Alameda do Concello, Ponte Pedriña, Avenida Pardo de Cela, paseo Ribeiriño, Ponte Romana, pasarela do Centro Comercial Pontevella, Ribeira de Canedo, e volta pola Pasarela de Oira, Paseo de Monforte, e paseo Barbaña, con chegada de novo á Alameda do Concello. Un total de 10.000 pasos, aproximadamente son 6 kilómetros, con desnivel e dificultade baixos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 1, VIERNES
 
Baltar explica este viernes cómo piensa generar 3,2 millones de euros, el "Plan Operativo e de Xestión" de la Deputación
La oposición no ha sido ni consultada ni informada del Plan Operativo de la Deputación, señala el BNG
Las instalaciones de Oira listas para entrar en servicio una vez reformadas, piscinas municipales incluidas
El Concello quiere saber exhaustivamente del potencial termal que tienen los yacimientos de la ciudad
Visto bueno del Consejo del Agua de la Confederación Hidrográfica al proyecto del Plan Hidrológico