Martínez pídelle a Canal que a CEO se implique en xerar a patronal emprego e riqueza nesta provincia
 
Rogelio Martínez foi o segundo en ser institucionalmente cumprimentado polo novo presidente da Confederación de Empresarios de Ourense, José Manuel Pérez Canal, recentemente elexido no cargo. O delegado territorial da Xunta en Ourense pedíulle ao presidente da patronal ourensá a implicación na labor de xerar emprego e riqueza nesta provincia.
 
 
 
 
 
14 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Primeiro encontro institucional do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, co novo presidente da Confederación de Empresarios de Ourense, CEO, José Manuel Pérez Canal, dende que a finais de abril fora elexido no cargo. Pérez Canal cumprimentou este luns ao delegado da Xunta en Ourense.
Na xuntanza abordaron diversos aspectos nos que ambas institucións están implicadas e analizaron liñas de cooperación para favorecer a actividade empresarial na provincia.

Neste senso, Rogelio Martínez ofreceulle ao novo presidente da CEO diálogo e colaboración da Xunta para traballar de xeito coordinado no impulso e na recuperación da economía da provincia.
O delegado territorial lembrou ante Pérez Canal as tres liñas nas que o Executivo galego está a traballar co obxectivo de reactivar a economía: a internacionalización, a innovación e o emprendemento.

O delegado da Xunta en Ourense apelou á implicación da patronal no labor de xerar emprego e riqueza nesta provincia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 14, LUNES
 
A primeros de junio estarán listos los 74.000 mts.2 del Parque Empresarial de Xinzo donde se instalará el CICAT
La sectorización del Parque de Xinzo crea cinco polígonos que se irán urbanizando a medida de la demanda de ...
El BNG demandará "concreción e claridade" en el Plan Estratéxico de la Deputación al cumplirse un mes ...
La Plataforma da Sanidade tacha de "ceremonia de confusión" el Hospital 2050 que Feijóo presenta ...
La Asociación de As Conchas vigilará e informará este verano del estado de las aguas del Embalse