Xunqueira de Espadañedo pide potenciar o Obradoiro de Olería e o Museo, ademais de outras actuacións
 
Xunqueira de Espadañedo demanda á Deputación de Ourense distintas actuacións que van dende infraestruturas ata proxectos culturais ademais de obras. Entre estas, o alcalde, Carlos Gómez, plantexou a Baltar potenciar o Obradoiro de Olería e o Museo para impartir cursos especializados en artesanía oleira e promocionar cultural e socialmente o aspecto etnográfico de Xunqueira.
 
 
 
 
 
26 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O Obradoiro de Olería e o Museo de Olería ubicados en Xunqueira de Espadañedo demandan a Deputación de Ourense a súa potenciación, tanto para impartir cursos especializados en artesanía oleira, no caso do obradoiro, como para promocionar cultural e socialmente o aspecto etnográfico coa exposición de pezas antigas e actuais, no caso do museo, para dar a coñecer a historia e evolución desta arte.
Así o coñeceu de primeira da man dos seus responsables este xoves, o presidente da institución provincial, Manuel Baltar, nunha visita que serviu tamén para coñecer en detalle as necesidades e proxectos do concello en materia de infraestruturas, entre as que destacan o acondicionamento de viais e a realización de melloras na Casa do Concello.

Tamén se falou da planificación urbanística do municipio, en concreto da sinatura realizada recentemente entre o alcalde e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, da acta de aprobación definitiva do PXOM do municipio, un plan que establece que máis do 94% da súa superficie está protexida para que se conserven os valores naturais, ecolóxicos e patrimoniais.
Segundo este documento, o 4,32 % da superficie queda definida como solo de núcleo rural, o que supón ordenar e recoñecer os asentamentos tradicionais.
Así, Xunqueira de Espadañedo poténciase como núcleo rural capital e favorécese o desenvolvemento dos outros doce núcleos rurais, permitindo asentar neles novas vivendas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 26, JUEVES
 
El Concello de Allariz completará en 2012 más de un millón de euros gastados en jardines, lo que el PP tacha de ...
"O xardín dun pazo dun xeque árabe", dice el PP, con papeleras a 1.000 euros y 41.000 para "imprevistos"
CC.OO. y CSIF se desmarcan de la CIG en la negociación del Plan de Ajuste de Xinzo, con propuestas ...
Casi 4.500 pensionistas ourensanos se verán afectados por la subida del IRPF, advierte la socialista Laura Seara
Manuel Baltar pidió al comisario Semeta de la UE que facilite la máxima información a la Deputación ...