A Pleno do Concello duas novas ordenanzas, unha das cales modificará a actual Ordenanza de Ruídos da cidade
 
Pasa a Pleno a nova Ordenanza que regulará os procedementos administrativos urbanísticos, como licenzas e autorizacións do Concello de Ourense, e anunciase tamén a modificación da Ordenanza de Ruídos, introducindo novas esixencias para locais, salas de conferencia e establecementos de restauración. Áurea Soto, concelleira de Urbanismo, confía en que dita nova Ordenanza contribúa a mellorar o "confort acústico" desta cidade, e confía en que ambas ordenanzas "redundará nun mellor servizo aos cidadáns".
 
 
 
 
26 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza dese xoves, o proxecto da nova Ordenanza Municipal reguladora de Actos de Natureza Urbanística, que ten coma obxectivo principal mellorar as relación entre os cidadáns, axentes sociais e a Administración Municipal respecto da obtención de licenzas e autorizacións.
A norma "facilitará a execución das obras e a implantación de actividades, dando un paso adiante respecto da normativa existente na actualidade", segundo sinalou a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, ao presentar ese mesmo xoves a Ordenanza ao completo.
Este proxecto, que  será elevado ao Pleno para a súa aprobación definitiva, regula de xeito concreto e conxunto o réxime aplicable aos actos urbanísticos, coma a obtención de licenzas ou autorizacións.

A nova Ordenanza conta co antecedente da aprobada no ano 2011, e tenta ser un instrumento para mellorar e axilizar os procedementos administrativos, contribuíndo a disminuir o tempo de obtención de autorizacións urbanísticas e facilitando a súa obtención, sen mermar a seguridade xurídica.
Dende o ano 2011, as novas normas en materia urbanística, medioambiental e de procedemento administrativo, levan aos técnicos municipais a considerala necesidade de redactar una Ordenanza completa que profundizase os criterios e determinacións xa regulados e por outra banda, acometer una labor de clarificación, modernización e axilización dos procedementos administrativos vencellados ás licenzas, buscando convertir os procesos de petición e obtención das mesmas en actividades rápidas, cómodas e transparentes, en consonancia ao nivel esixible dos servicios administrativos municipais.

A súa modificación inclúe novas esixencias para locais e establecementos de restauración e salas de conferencias, engadindo ao seu aillamento acústico, a mellora da calidade sonora dos espacios comúns, esixindo agora  límites á reverberación.
Esta nova esixencia contribúe a mellorar o "confort acústico" e protexer aos veciños e veciñas fronte a contaminación acústica, coa inclusión dun apartado sobre reverberacións, o seu cálculo, aplicación e entrada en vigor.

A modificación faise a solicitude dos técnicos municipais, para adaptala normativa ás novidades introducidas no Código Técnico de Modificación, e foi remitida aos 4 Grupos políticos que forman parte da Corporación Municipal para a súa deliberación e aprobación. Acordado agora pola Xunta de Goberno, será sometido á consideración do vindeiro Pleno Municipal.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 26, JUEVES
 
El Concello de Allariz completará en 2012 más de un millón de euros gastados en jardines, lo que el PP tacha de ...
"O xardín dun pazo dun xeque árabe", dice el PP, con papeleras a 1.000 euros y 41.000 para "imprevistos"
CC.OO. y CSIF se desmarcan de la CIG en la negociación del Plan de Ajuste de Xinzo, con propuestas ...
Casi 4.500 pensionistas ourensanos se verán afectados por la subida del IRPF, advierte la socialista Laura Seara
Manuel Baltar pidió al comisario Semeta de la UE que facilite la máxima información a la Deputación ...