O Concello de Ourense asinará o convenio do Fondo Social de Vivenda para os afectados polos desafiuzamentos
 
O Concello de Ourense sumarase ao Fondo Social de Vivenda dotado con 5.800 vivendas en todo o Estado, e que oferta pisos en alugueiro a prezos máis baixos cos de mercado nos casos de desafiuzamento que se producirán despois do 1 de xaneiro de 2008. O alugueiro das vivendas terá unha duración de dous anos e as rendas oscilarán entre os 150 e os 400 euros mensuais, cun límite máximo do 30% dos ingresos netos totais da unidade familiar.
As solicitudes deberán dirixirse á entidade de crédito correspondente, pero o Concello prestará aos interesados asesoramento e información.
 
 
 
 
12 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense adherirase ao Fondo Social de Vivenda que ten como finalidade facilitar o acceso a unha vivenda en condicións favorables de alugueiro a persoas afectadas por desafiuzamentos. Así o acordou a Xunta Local de Goberno deste Concello na súa sesión deste xoves, acolléndose ao convenio asinado para a creación deste fondo polos ministerios de Economía e Competitividade, Sanidade, Servizos Sociais, Fomento, Banco de España, Federación Estatal de Municipios e Provincias, Plataforma do Sector Terceiro, as patronais bancarias e distintas entidades de crédito.
Con esta iniciativa, o Concello de Ourense pretende achegar un novo recurso para as familias en situación de especial vulnerabilidade afectadas por desafiuzamentos, de xeito que podan acceder en réxime de alugueiro en condicións favorables a vivendas incluídas no Fondo estatal, a custes máis baixos dos prezos de mercado.

Segundo o previsto no convenio, cada unha das entidades de crédito participantes constitúe o seu propio fondo cun número inicial de vivendas, que poderá ser ampliado. Inicialmente o Fondo Social naceu con 5.891 vivendas que aportan as 33 entidades financieiras asinantes do convenio e se sitúan nuns 900 municipios en toda España
Poderán acceder a elas as familias en situación de especial vulnerabilidade que foran desafiuzadas das súas vivendas despois do 1 de xaneiro de 2008 polo impago dun préstamo hipotecario.
O alugueiro das vivendas terá unha duración de dous anos e as rendas oscilarán entre os 150 e os 400 euros mensuais, cun límite máximo do 30% dos ingresos netos totais da unidade familiar.
As solicitudes deberán dirixirse á entidade de crédito correspondente, que darán prioridade a aquelas situacións de maior necesidade ou risco social. Solicitarán para elo informe aos servizos sociais dos Concellos ou deputacións provinciais.

De acordo co previsto neste convenio, o Concello de Ourense prestará información e asesoramento ás persoas interesadas en solicitar unha vivenda do fondo social e, a través da área de Servizos Sociais, realizará as valoracións das solicitudes de aspirantes ao arrendamento de vivendas deste fondo, valorando as circunstancias sociais da persoa.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 12, JUEVES
 
El Concello de Os Blancos aprobó unos presupuestos históricos (casi 3 millones de euros) para reflejar su deuda
Cada vecino pagará 33 euros por cada uno que reciba del Concello en bienes y servicios en 2012
Las obras de las turbinas secundarias de Os Peares secan el Miño aguas abajo del embalse, denuncia ...
La Deputación reunió a todos los concellos de la provincia para unificar criterios sobre la calidad del agua
El alcalde de Castrelo do Val responde al PP diferenciando incendios urbanos de siniestros forestales