Voluntariado do Concello de Ourense oferta seis novos cursos de formación para os meses de abril e maio
 
A Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense que dirixe a concelleira Mónica Vázquez, presentou este mércores seis novos cursos de formación que oferta a súa Concellería para estes meses de abril e maio. Entre os cursos presentados atópase o de iniciación ao voluntariado, apoio na organización de eventos culturais e deportivos, ferramentas para o acompañamento de persoas maiores, lingua de signos e voluntario en información turística e termal.
 
 
 
 
11 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense ven de presentar seis novos cursos para todos aqueles voluntarios e voluntarias interesados nos mesmos. Trátase dos cursos: iniciación ao voluntariado, formación en inmigración, apoio na organización de eventos culturais e deportivos, ferramentas para o acompañamento de persoas maiores, lingua de signos e voluntario en información turística e termal.

Os seis cursos están principalmente dirixidos tanto a persoas xa inscritas como voluntarias recentemente, como a persoas sen formación que se incorporen nos programas municipais de voluntariado, ou entidades de acción voluntaria da cidade, así como persoas con formación básica de voluntariado.
En total ofrécense 132 prazas, cuxo prazo de inscrición varía en función do curso.
Todos eles son de balde e se desenvolverán na rúa do Ensino nº 24.

Todos aqueles interesados e interesadas poden formalizar a súa inscrición nas dependencias da Concellería de Voluntariado (ubicadas na Praza de San Martiño, nº 2, 2º), na páxina web do Concello www.ourense.es, na páxina web da  Concellería de Voluntariado www.ourensevoluntario.org, ou na Oficina de Atención ao Cidadán, en quenda de tarde.

 

Iniciación ao Voluntariado:

Persoas destinatarias: persoas inscritas como voluntarias recentemente ou sen formación neste ámbito,que se vaian incorporar nos programas municipais de voluntariado ou nas entidades de acción voluntaria da cidade.
Duración: 6 horas
Datas: 17 e 18 de abril
Horario: 18:00 a 21:00 horas
Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24 (Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade
N.º Prazas: 22
Data límite de inscrición: 12 de abril

Formación en inmigración

Persoas destinatarias: persoas voluntarias que xa realizaron ou teñen formación básica en
voluntariado, con interese por ampliar os coñecementos nesta materia.
Duración: 9 horas
Datas: 23,24 e 25 de abril
Horario: 18:00 h a 21:00 h
Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24(Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade
N.º Prazas: 22
Data límite de inscrición: 19 de abril

Apoio na organización de eventos culturais e deportivos

Persoas destinatarias: persoas voluntarias que xa realizaron ou teñen formación básica en
voluntariado, con interese por ampliar os coñecementos nesta materia.
Duración: 9 horas
Datas: 7,8 e 9 de maio
Horario: 18:00 h a 21:00 h
Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24(Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade
N.º Prazas: 22
Data límite de inscrición: 3 de maio

 

Ferramentas para o acompañamento de persoas maiores

Persoas destinatarias: persoas voluntarias que xa realizaron ou teñen formación básica en
voluntariado, con interese por ampliar os coñecementos nesta materia.
Duración: 9 horas
Datas: 13, 14 e 15 de maio
Horario: 18:00 h a 21:00 h
Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24(Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade
N.º Prazas: 22
Data límite de inscrición: 9 de maio

 

Lingua de signos española para persoas voluntarias II

Persoas destinatarias: persoas inscritas como voluntarias recentemente ou sen formación neste ámbito, que se vaian incorporar nos programas municipais de voluntariado ou nas entidades de acción voluntaria da cidade.
Duración: 24 horas
Datas: 20,21,22,23,27,28,29 e 30 de maio
Horario: 18:00 a 21:00 horas
Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24(Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade
N.º Prazas: 22
Data límite de inscrición: 16 de maio

Voluntario en información turística e termal

Persoas destinatarias: persoas voluntarias que xa realizaron ou teñen formación básica en
voluntariado, con interese por ampliar os coñecementos nesta materia.
Duración: 9 horas
Datas: 4, 5 e 6 de xuño
Horario: 18:00 h a 21:00 h
Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24(Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade
N.º Prazas: 22
Data Límite inscrición: 30 de maio

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 11, MIÉRCOLES
 
El Concello de Ourense dice constatar en Madrid que Fomento no tiene intención de dilatar los plazos del AVE
La CIG pide en la Mesa del Plan de Ajuste de Xinzo "outra xente que sabe máis de esto" que el alcalde
El BNG advierte al alcalde con la movilización social de Xinzo si suprime el Grado Medio del Conservatorio
La deuda del Concello de A Bola a proveedores subió en 6 meses 800.000 euros, según denuncia el Grupo del PP
Ourense totalizou un 11% das ordes de protección por violencia de xénero que se produciron en Galicia en 2011