O Ourense WIFI contabiliza en algo máis dos dous anos que está en servizo, un total de máis de 13.000 usuarios
 
Dous anos e dous meses despois da súa posta en marcha, decembro do 2010, o Ourense WIFI contabiliza más de 13.000 usuarios, con unha media de case medio millar ao mes durante este último ano. Son datos do Concello de Ourense ao respecto deste servizo, que contabiliza tamén a recente ampliación da rede a 11 novos nodos que fan un total de 53 puntos de conexión gratuita en toda a capital ourensá.
 
 
 
 
20 de MARZO de 2013: OURENSE DIXITAL

Ourense WIFI suma xa un total de 13.395 usuarios rexistrados, acumulados dende o inicio do proxecto fai pouco máis de dous anos, en decembro de 2010, ven de sinalar este martes o Concello da capital ourensá.
Cunha media de 490 novos usuarios ao mes no último ano, o servizo municipal, que ofrece unha conexión gratuíta a Internet a unha velocidade que alcanza os 510 Kbs, permite consultas sinxelas como email, visita de páxinas web ou lectura de prensa dixital.
Así mesmo, o número de sesións totais ao mes viuse nos últimos meses notablemente incrementado, pasando dunha media  de 11.751 entre febreiro e agosto de 2012, a un total de 17.484 sesións de media entre setembro de 2012 e febreiro deste ano, o que supón un incremento de uso dun 35%.

O Ourense WIFI conta xa con 53 puntos de conexión que se estenden ao longo da zona urbana e rural do municipio, cunha recente ampliación de once novos nodos.
O Xardín do Posío -con 970 sesións no último mes-, o Parque de San Lázaro -con 953-, a rúa Serra Martiñá -con 889-, ou a Praza de Covadonga -con 863-, son os puntos con maior frecuencia de acceso por parte dos usuarios.
En canto ás estatísticas sobre o soporte empregado, un 40% dos usuarios empregan o teléfono móbil para efectuar a súa conexión, e o 60% restante outros dispositivos. A franxa horaria con maior número de conexións é a tarde, entre as cinco da tarde e as 21:00 Hs.

No referido ao idioma de acceso empregado, nos últimos meses percíbese unha importante porcentaxe no emprego de linguaxes estranxeiras: unha de cada catro conexións realízanse nun idioma de acceso diferente ao español (na súa maioría, en inglés). En canto ao sistema operativo, a maior parte de usuarios accede mediante Windows (58%), un 29% Android e un 6% iOS.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 20, MARTES
 
El Concello de Ourense acusa al PP de Madrid y Santiago de "sistemática confabulación" contra la ciudad
Exigen la dimisión del presidente del INORDE por posibles irregularidades en el Proxecto Estacións
Nuevo vertido de aguas residuales al Miño a través del Barbaña durante este fin de semana
Concellos de Valdeorras e Deputación tentan comarcalizar o ciclo hidráulico co "Consorcio de Augas"
450 nenos de Infantil e Primaria da cidade aprenderon Educación Vial a través do teatro