As preferentes e as subordinadas das caixas entraron con forza no 2012 na Oficina Municipal de Información ao Consumidor
 
As preferentes e as subordinadas irrumpiron con forza nas estadísticas de servizos prestados pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Ourense durante o ano 2013. É a principal novidade dunha tónica na que, polo demáis, mantéñense as constantes. So que no caso das preferentes e subordinadas das caixas galegas, as consultas multiplicáronse por catro chegan a 816 as consultas e a formularse 24 reclamacións. O sector bancario irrumpíu con forza nas queixas e consultas dos ourensáns.
 
 
 
 
14 de MARZO de 2013: OURENSE DIXITAL

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Ourense prestou atención durante o ano 2012 a un total de 6.103 persoas, que se achegaron a este servizo municipal gratuíto, dependente da Concellería de Saúde e Consumo, para recibir información e asesoramento acerca dos seus dereitos como consumidores e presentar as súas reclamacións, segundo ven de informar o Concello de Ourense.
A memoria da Oficina Municipal de Información ao Consumidor correspondente ao ano 2012 constata que este servizo municipal atendeu a 910 persoas máis ca o ano anterior, o que supón un aumento porcentual do 15%. Do total de 6.103 persoas atendidas, 615 derivaron nunha reclamación ou denuncia.

O aspecto máis destacado foi o considerable incremento dos datos estatísticos no sector bancario, que de xeito excepcional ocupa o primeiro lugar na pirámide, debido á comercialización masiva de participacións preferentes e obrigas subordinadas. As cifras por este motivo cuadriplícáronse, elevándose a 816 as consultas e a 24 as reclamacións.
Este desequilibrio numérico débese a que (para axilizar os trámites nas solicitudes de arbitraxe) o 90% dos expedientes (47 segundo datos do Rexistro Municipal) deriváronse, en función do perfil do usuario, dende o Rexistro ó IGC (Instituto Galego de Consumo) polo tanto non contabilizan como reclamacións.
Tampouco se contabilizaron como reclamacións pero si como consultas, os casos que por razóns de urxencia demandaron unha atención inmediata (debido a necesidades económicas) polo tanto estas persoas, aínda que cumplimentaron a reclamación na OMIC, esta foi presentada directamente na Delegación de Consumo de Ourense.

O resto dos datos estadísticos manteñen unha tónica similar a anos anteriores. Como exemplo, a telefonía é o sector máis reclamado (298 reclamacións/739 consultas) polo que se precisa mediar previamente para non sobrecargar de laudos á Xunta Arbitral de Consumo.
Das 269 mediacións efectuadas en telefonía, resolvéronse 213 de modo favorable. Outros sectores que superaron as 200 consultas foron o aluguer de vivenda (572), a telefonía móbil (497), electricidade (273) e telefonía fixa (242).

Día Mundial do Consumidor

A OMIC conmemora durante este mes a celebración, este venres, día 15, do Día Mundial do Consumidor, cun ciclo de representacións teatrais para escolares do último ciclo de Infantil e Primaria da obra Un agasallo para papá.
O obxectivo da actividade é formar aos cativos como futuros consumidores, e neste caso, amosar o impacto das grandes superficies na desaparición do comercio tradicional. A obra está escrita e dirixida polo grupo Trécola.
As funcións represéntanse nos centros de ensino e como complemento algúns centros solicitaron  un obradoiro sobre esta temática.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 14, MIÉRCOLES
 
El PP le dice a Soto que el argumento de que toda la culpa es del PXOM de 2003 ya está "caduco"
286 desempleados ourensanos recibirán formación los próximos dos años y medio a través del Plan Inserta ...
El "Proxecto Peón" trata de concienciar a los ourensanos sobre su comportamiento como peatones
El Consello Consultivo del PP considera necesario ampliar su ámbito a todas las comarcas de la provincia
O Proxectoterra trae a Ourense a escolares de Pontevedra e a semana que ven os de Ourense irán a Santiago