A creatividade de persoas discapacitadas poblan os espazos do Cultural nuna exposición da Fundación Jove
 
No Centro Cultural Marcos Valcárcel desta cidade atópanse "15 contos breves e extraordinarios" da Fundación María José Jove. É un reflexo da creatividade de persoas discapacitadas de entre 15 e 50 anos, cuxas obras foron asistidas tecnicamente por profesores que se ofreceron voluntariamente neste proxecto. A exposición constitúe, asemade, un "punto de inflexión" no estilo expositivo da principal sala ourensá, dixo o director do Cultural, Francisco González.
 
 
 
 
 
9 de MARZO de 2013: OURENSE DIXITAL

"15 contos breves e extraordinarios" atopan espazos estes días nas salas do Centro Cultural da Deputación de Ourense. Trátase dunha exposición sen precedentes na principal das salas ourensáns, que promove "Arte Contemporáneo Fundación María José Jove".
É "unha exposición nada convencional, con un concepto innovador, que marcará tamén un punto de inflexión no que é o propio estilo das exposicións do Centro Cultural", sinalou no acto de presentación o director do Centro, Francisco González Bouzán.

Os "15 contos breves e extraordinarios", son, de feito, algo distinto na proxección plástica e creativa dos seus autores: persoas con distintos tipos de discapacidades, cuxas idades van dende os 15 aos 50 anos. Para canalizar a súa creatividade, os traballos foron supervisados por profesores que se ofreceron voluntariamente a participar neste proxecto.
Froito de tal experimento resulta unha exposición "completamente distinta", sinalaron os organizadores.
"En realidade non é unha exposición, son 15 exposicións con identidade propia cada unha, totalmente diferenciadas, o que as convirte en 15 contos extraordinarios", sinalou o vicepresidente da Deputación ourensá, Rosendo Fernández.

Nada convencional, completamente distinta e totalmente diferente doutras que a precederon e diferenciada doutros estilos que poblaron os espazos deste Centro Cultural, dende o 7 de marzo ao 28 de abril instálanse no Cultural Marcos Valcárcel desta cidade as pinturas e as esculturas de "15 contos breves e extraordinarios" da Fundación María José Jove.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 9, VIERNES
 
"Ourense non é o pim pam pum, merecemos un respecto", dice Rodríguez a la ministra Pastor ante el cambio de planes ...
Baltar Blanco defiende la necesidad de un estudio que determine si es o no posible soterrar el AVE
El Contencioso invalida los planes del Concello de Celanova y de la Xunta para el Mosteiro
Castrelo de Miño materializó este jueves su abandono de la Mancomunidade de Concello de O Ribeiro
Recursos Humanos del Concello avisa de que dará a los sindicatos una nueva oportunidad para negociar