A OU-313 a altura de Rairigo pasa a ser competencia do Concello de A Bola por acordo do Consello da Xunta
 
O treito de 1,2 quilómetros da OU-313 a altura de Rairigo, pasa a partires deste xoves a ser de titularidade deste Concello de A Bola e deixa de ser competencia da Xunta. Dentro de dous meses, cumplimentado o trámite de publicación no DOG, terá que ser este Concello o que se faga cargo da conservación e mantemento desta estrada neste tramo, segundo establece o acordo deste xoves do Consello da Xunta.
 
 
 
 
8 de MARZO de 2013: OURENSE DIXITAL

O Consello da Xunta de Galicia aprobou na súa reunión deste xoves o Decreto de cambio de titularidade dun treito de algo máis dun quilómetro da estrada OU-313, a prol do concello ourensán da Bola, concretamente no núcleo rural de Rairigo, desde o punto quilométrico 6+500 ata o 7+730, final do concello.
"A cesión é conveniente co obxecto de simplificar e facilitar a tramitación de permisos de edificacións nas súas marxes, construción de infraestruturas e servizos urbanos, etc.", sinala o acordo da Xunta, que establece, asemade, que o Concello asumirá a súa titularidade e mantemento.

O expediente tramitouse ao abeiro da Lei de estradas que establece que os cambios de titularidade das mesmas se aprobarán por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas e que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas se entregarán aos concellos respectivos.

De acordo co exposto, o Concello de Bola deberá incorporar ao seu plan de estradas a vía a que se refire este decreto. Así mesmo, a este municipio correspóndenlle, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación deste treito; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.
A entrega da vía formalizarase no prazo de dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, único trámite agora pendente para facer efectivo o acordo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, JUEVES
 
El PP pide que, "de inmediato", el Concello de Ourense regularice la situación de la piscina del Campus
La Mancomunidade de O Ribeiro le duplica el coste de los servicios sociales al Concello de Leiro
Trabajadores y delegados de la CIG se encerraron en el Centro Residencial de Taboadela
El rianxo de la Praza de Abastos descansará los días 12 y 19 de este mes por labores de poda
A Feira do Viño de O Ribeiro potenciará a enogastronomía nesta 49 edición que recupera as datas de maio