Ourense experimenta cun novidoso método de renovación de saneamento que non precisa de abrir zanxas
 
Comezan este xoves no barrio do Couto unhas novidosas obras na capital ourensá. Novidosas polo método a empregar, xa que se trata dunha máis de renovación do saneamento, neste caso na rúa dos Remedios. O novidoso é o sistema, que permite rehabilitar as tuberías de alcantarillado sen necesidade de abrir zanxas. Así evítanse problemas de seguridade e de tráfico, ao tempo que disminuirán as molestas que se lle causan aos veciños polo xeral coas obras deste tipo.
 
 
 
 
27 de FEBREIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense rehabilitará o saneamento na rúa Remedios, vencellado ao proxecto de urbanización e humanización da zona que está a levar a cabo a Concellería de Infraestruturas no treito de rúa entre a rúa Juan de Anges e a rúa Castro Canseco, comprendendo un tramo aproximado de 42 metros.
As obras que comezan este mesmo mércores utilizarán unha tecnoloxía pioneira, que permite rehabilitar as tuberías de alcantarillado sen necesidade de abrir zanxas, segundo ven de informar o Concello de Ourense.
Os traballos serán executados pola empresa especializada Aqualogy, e forman parte do proxecto de urbanización e humanización do vial que executa a empresa Hermanos Carrajo

Debido ás circustancias específicas do solo, disminuir as molestias aos veciños e veciñas e parellamente, evitar os problemas de seguridade e tráfico que implicaría a apertura dunha zanxa para solventar as deficiencias de saneamento, empregarase un novidoso sistema coñecido coma tubaxe volta.
O tramo no que se van desenvolver os traballos presenta fisuras, filtracións efectos da corrosión ou otros deterioros que poderían implicar a perda total ou parcial da súa capacidade hidráulica.

A técnica empregada recurre ás novas tecnoloxías e denomínase rehabilitación sen zanxa. Esta novidosa técnica consiste na introdución, entre dous pozos de rexistro, dunha manga de fieltro de poliéster reforzada con fibra de vidro, que forman un novo tubo dentro da conducción, quedando en perfectas condicións de uso e mellorando a súa capacidade hidráulica, xa que con esta técnica diminúese a rugosidade e a ausencia de xuntas entre os tubos. A manga fabrícase para cada caso concreto, atendendo ás características particulares e debendo quedar totalmente acoplada á tubería primitiva.

O Concello de Ourense recalca que estes traballos forman parte do plan para rehumanizar o brrio do Couto coa readecuación da rúa dos Remedios, e complementa as actuacións dirixidas a mellorar a accesibilidade para os peóns coa supresión de barreiras arquitectónicas e a xerarquización do tráfico

As melloras no ámbito da accesibilidade inclúen a incorporación de novos pasos de peóns, o emprego de pavimento táctil, dirixido a persoas con discapacidade visual, e a inclusión nas prazas de estacionamento de espazos dirixidos a persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, o rediseño do último treito de rúa contempla un espacio adicional destinado a prazas de aparcamento, ampliando as existentes na actualidade, para mellorar as condicións de acceso dos veciños da zona e reordear o tráfico urbano.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO