Actívanse este venres 6 días de actividades coas que o Concello quere converter a Ourense na capital do Entroido
 
O Concello de Ourense activa o programa de Entroido a partires deste venres. Será ás 9 da tarde-noite, cando na Praza Maior teña lugar o Pregón de Entroido. Nada máis rematar, da Praza Maior sairán por toda a cidade de ruada os Festicultores, e os festexos de don Carnal, outro ano, estarán en marcha.
 
 
 
 
8 de FEBREIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

"Xa non queda nada para que comece de forma oficial o Entroido 2013", sinálase ao respecto dos festexos de Carnaval dende a Concellería de Cultura. Que lembra que esta é unha das máis arraigadas celebracións do noso ciclo festivo.
Este venres, a partir das 21.00 Hs na Praza Maior, terá lugar o primeiro gran evento destes días, o pregón. Ao rematar sairá da propia Praza Maior unha ruada cos Festicultores, que animarán como se merecen as rúas da Cidade Vella. A eles uniráselles a partir das 23.00 h máis animación de rúa coas charangas Dr Antxoa, Trópico de Grelos e Mekánika. Ademais, a partir das 00.00 na Praza do Correxidor haberá sesión Dj´s.

O sábado, día 9 de febreiro, a partir das 11.00 h, as sairán desde o Parque de San Lázaro en dirección ás rúas da Cidade Vella. Un cuarto de hora máis tarde, comezará unha festa infantil de Entroido, organizada pola Asociación Amencer.
Pola tarde, ás 17.30 Hs. farán o propio outras charangas, e tamén terá lugar na Praza Maior a festa infantil O Baile da Corte.
Nesta actividades os máis pequenos poderán gozar de contos, xogos medievais, coreografías, bailes e xogos musicais.
Xa na entrada do serán, charangas con pases ás 20.30 Hs. e ás doce da noite.
A partir desa hora o programa de festexos conta tamén con sesión Dj´s na Praza do Correxidor.
Por outra banda na Praza Maior actuará a orquestra Ledicia, a partir das 20:30 Hs.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO