O Concello de Ourense entra en fase de análise dos criterios que rexerán o diseño do II Plan de Saúde ata o 2016
 
O Concello de Ourense contratará a elaboración dun diagnóstico de saúde para redactar o II PLan Municipal de Saúde cunha vixencia desde 2013 ata 2016. Priorizará as necesidades con propostas que terán a súa aplicación a partir da aprobación do mesmo. O diagnóstico basearase nunha enquisa de saúde e a análise de fontes secundarias. O traballo será "determinante" para fixar os criterios de actuación do Concello de Ourense no eido da Saúde.
 
 
 
 
8 de FEBREIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

Mantendo coma principal obxectivo o do primeiro Plan Municipal de Saúde do Concello de Ourense, como é elevar o nivel de saúde dos cidadáns mediante a promoción e protección da saúde e a prevención de enfermidades, xa está en marcha o futuro Plan de Saúde, que relevará ao vixente, actualmente prorrogado.
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a proposta da Concellería de Saúde, a contratación da elaboración dun diagnóstico de saúde do Concello de Ourense, que constará dunha Enquisa de Saúde e a análise de fontes secundarias.

Partindo da situación actual do municipio e das conclusións extraídas deste diagnóstico, elaborarase o documento do II Plan Municipal de Saúde (2013-2016), que priorizará as necesidades con propostas que terán a súa aplicación a partir da aprobación do mesmo.
O servizo, por importe de 14.278 euros abordará a recompilación da información necesaria para realizar a diagnose da situación da poboación ourensá en materia de saúde, seguindo as directrices do proxecto da Organización Mundial da Saúde de Cidades Saudables.

A metodoloxía da diagnose constistirá na análise dos datos suministrados por fontes oficiais, coma taxas de nacemento, defunción, esperanza de vida, taxas de dependencia, recursos sanitarios, etc. A maiores, levarase a cabo unha Enquisa de saúde, que permitirá, mediante a recollida de información directa da poboación, coñecer os factores determinantes da saúde e o estado xeral da saúde da poboación.

A análise conxunta e complementaria de ambas fontes permitirá a realización dunha diagnose actualizada respecto da situación, e comparativamente coa realizada no 2005 permitirá contrastar a evolución dos principais indicadores na materia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, MIÉRCOLES
 
Las contrataciones de personal en O Barco se extienden a personas y empresas de servicios externos, dice el BNG
La Xunta interviene unas obras en A Veiga que promueve una Asociación de la que es presidente el alcalde
El retranqueo de la trasera del número 13 de la Avenida de Pontevedra declarado "inejecutable"
El cambio de luces por votos le cuesta al PP en Xinzo apagones parciales, denuncia el PSOE
Un exceso de permisividad municipal convierten en "caótico" el tráfico de O Carballiño, denuncia el PSOE