O Entroido centra tamén as atencións de todas as bibliotecas públicas da capital ourensá
 
O Entroido polariza as atencións e contidos das bibliotecas públicas da cidade nestas datas. Todas acollen obradoiros con esta temática e en torno a esta festa. Xa comenzaron os obradoiros este luns e seguirán durante toda a semana, e poderán participar nenos e nenas dende os 4 aos 12 anos. Eso sí, os nenos terán que ser socios da biblioteca a que asistan e inscribirse debidamente nestas actividades.
 
 
 
 
5 de FEBREIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

"O Entroido ourensán chega ás Bibliotecas Municipais, coa realización de obradoiros para a elaboración de disfraces, decoración, contacontos, monicreques ou preparación de festas de Entroido", sinala a Concellería de Educación ao respecto das actividades que se aveciñan. Os obradoiros realizaranse no horario habitual de animación á lectura das bibliotecas, de luns a venres de 18.00h a 19.30h e os sábados de 11.00h a 13.00h, na Biblioteca da Ponte, San Francisco, Carballeira, e no Punto de Lectura do Couto.

O xoves, 7 de febreiro, dende as 18.30h ata as 19.30h, a Biblioteca de San Francisco (Pena Trevinca, s/n, explanada da Estación) acollerá unha festa para os participantes nos obradoiros, cun baile de disfraces, e o venres á mesma hora, coa participación da Animación “Carapinta”.

O venres, día 8 de febreiro, de 18.00h a 19.30h, a Biblioteca da Carballeira terá a súa propia festa cunha merenda saudable, baile e concurso de disfraces en tres categorías: ata 6 anos, de 7 a 10 anos e de 11 ata 99 anos.

Os nenos e nenas que participen nos obradoiros aprenderán a facer disfraces a partir de material reciclado, elaborar cucañas e os máis pequenos (de 4 a 10 anos) elaborarán o seu propio meco.
Lémbrase que para asistir ás actividades os nenos e nenas deben ser socios ou socias da Biblioteca á que asistan, podendo adquirir o seu carnet antes de acceder á actividade.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 4, SÁBADO
 
Baltar cerró ciclo político recordando donde gobierna el bipartito, que "fun un adversario político, non un inimigo"
La Xunta propone al Concello de Ourense aplicar el nuevo sistema tarifario del Transporte Metropolitano
La eurodiputada Ana Miranda denunció este viernes en el Parlamento Europeo la incineradora de O Irixo
O Concello de Vilar de Santos a piques de pechar o Ciclo Integral da Auga co remate da nova EDAR
Los socialistas exigen a la Deputación que mantenga alerta este fin de semana todas sus brigadas