Cultura ten confirmados xa 37 espectáculos para o primeiro semestre de 2013 do Auditorio Municipal
 
 
 
4 de FEBREIRO de 2013: OURENSE DIXITAL
 
 
 

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense xa ten confirmados 37 espectáculos para o cartaz do primeiro semestre do Auditorio Municipal desta cidade, segundo veñen de anunciar a titular desta Concellería, Ana Garrido, e o técnico deste departamento, Manuel Freire.

Música, teatro, artes escénicas, monólogos entre outros conforman unha "ampla oferta de actividades" que comezaron xa este mesmo domingo coa volta do teatro infantil. Os máis pequenos poderán desfrutar con aventuras pensadas para eles que o día 3 volven coa obra Dous pallasos en máis apuros, da compañía Os Sete Magníficos + 1.
Durante o mes de febreiro pasarán polo Auditorio artistas como Ismael Serrano, o pianista Alexey Chernov, ou a estrea da nova producción teatral Gaivotas Subterráneas.

Ana Garrido, explicou as liñas xerais da programación, onde subliñou "a importancia de que as actividades do Concello se complementen coas organizadas por outras institucións". Pola súa banda, Manuel Freire fixo un repaso por todas as novidades para estes meses.
Na presentación, Ana Garrido tamén deu coñecemento da nova web da concellería de Cultura, onde a partir de agora estarán todas as informacións de interese do departamento, así como a programación do Auditorio, e tamén dos demáis espazos municipais Museo Municipal e Museo Arturo Baltar.

 
  Ismael Serrano, o 9 de febreiro (20:30 Hs.) na Sala Principal do Auditorio de Ourense
Cultura do Concello de Ourense xa ten confirmados un total de 27 espectáculos no Auditorio Municipal durante o primeiro semestre deste 2013. O cantautor Ismael Serrano pasará por este espazo cultural o día 9 de febreiro, entre outros artistas e alternativas culturais que presenta a programación do departamento de Ana Garrido
 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  WEB DA CONCELLERÍA DE CULTURA DE OURENSE  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO

 
   

Añade OuD a tu Google