Convocado o Carracedo 2013, que este ano entregará un único premio dotado con 3.000 euros
 
A Deputación de Ourense convoca o premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo 2013, que se entregará o 3 de maio, Día Internacional da Liberdade de Prensa. O prazo de presentación de traballos remata o 15 de marzo, o este ano convócase un único premio que terá unha dotación de 3.000 euros.
 
 
 
 
30 de XANEIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense ven de convocar o premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo 2013, recoñecemento que a institución provincial concede anualmente ao mellor traballo xornalístico       –gráfico, escrito ou audiovisual- publicado nun medio de comunicación galego ou referido a Galicia.
Este premio foi instaurado pola Deputación de Ourense como homenaxe e lembranza do xornalista ourensán que lle da o seu nome, falecido en accidente de tráfico en 1988.

A pesares da difícil situación económica a Deputación de Ourense quere seguir mantendo este galardón, polo que representa a figura de Xosé Aurelio Carracedo e en defensa dun xornalismo de calidade. O certame outorgará este ano un único premio, dotado con 3.000 euros.
Segundo as bases, poderán optar a este premio todos os profesionais ou colaboradores habituais que exerzan o seu labor en medios de comunicación escritos ou audiovisuais, en calquera das súas modalidades.
As propostas para optar ao premio poderán ser, indistintamente, presentadas polos propios interesados, pola dirección do medio no que foron publicadas, por institucións, asociacións, colectivos, persoas individuais ou polo propio xurado.

Os traballos ou conxuntos de traballos –gráficos, escritos ou audiovisuais-, que participen no concurso, terán que estar publicados en medios de comunicación galegos ou referidos a Galicia, entre o día 1 de xaneiro de 2012 e o día 31 de decembro do mesmo ano.
O prazo de recepción de propostas e presentación de traballos pecharase o día 15 de marzo de 2013.
Os actos de entrega coincidirán co día 3 de maio (Día Internacional da Liberdade de Prensa).

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 30, LUNES
 
Carballiño a la Xunta por la incineradora de O Irixo: "non teñen dereito a traernos o inferno ao medio das nosas vidas"
En feudo del BNG (Vilar de Santos), José Luis Baltar materializó este domingo su adiós a los escenarios
Con el Domingo Fareleiro, Xinzo de Limia ya siente y vive en clave de Entroido
Este mismo sábado, el aparato del partido anunciará a las 12 quien será el relevo: Baltar Blanco, lo más probable
La Deputación asume las iniciativas de la oposición para la patata de A Limia y el Plan de Regadío