O Concello de Ourense leva á Fitur o Termalismo da cidade co obxectivo de captar investimento privado
 
O Concello de Ourense pon en marcha dende este xoves a que podería ser a segunda parte das accións de promoción das potencialidades termais da cidade, ás que deu comenzo o Foro do Liceo dos pasados 17 e 18 deste mes de xaneiro. Só que agora toca facelo en Madrid, no marco da Fitur, a Feira Internacional de Turismo. Ata alí viaxa unha delegación do Concello de Ourense que encabeza o alcalde, Agustín Fernández. Tamén aquí se presentará unha nova edición do Xantar.
 
 
 
 
30 de XANEIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

Seguindo a estrutura do foro termal celebrado no Liceo de Ourense os días 17 e 18 de xaneiro, o Concello de Ourense ratifica a súa intención de organizar encontros e reunións este xoves e venres en Madrid. Será no marco da Feira Internacional de Turismo, a Fitur, e a Madrid está previsto que se desplacen o alcalde, Agustín Fernández, e os concelleiros de Termalismo e Promoción Económica, José Ángel Vázquez Barquero, Urbanismo, Áurea Soto, e Turismo, Mónica Vázquez.
O departamento de Vázquez Barquero sinala que a presenza de Ourense na Fitur terá "o mesmo obxectivo de posibilitar a concreción de investimento privado que contribúa a crear riqueza e posibilite a xeración de emprego na cidade".

Está previsto incidir na riqueza e potencialidades dos recursos termais, naturais e patrimoniais da cidade de Ourense, as propostas contempladas no novo planeamento urbano para a implementación de proxectos privados de inversión no ámbito termal, ou os proxectos que poidan contribuír a aumentar o atractivo da cidade desde un punto de vista inversor, como a chegada da Alta Velocidade e a proposta de construción da nova estación do AVE.

Os dous foros, tanto o de Ourense coma o de Madrid, "forman parte dunha das accións resultantes do convenio de colaboración entre o Instituto de Turismo de España e o Concello de Ourense para o desenvolvemento de inversións vinculadas ao Plan Estratéxico Termal", subliña o departamento de Vázquez Barquero.
Así mesmo, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, ten previsto asistir á presentación de Xantar, o 14º salón galego de Gastronomía e Turismo, tamén no marco da Feira Internacional de Turismo, que terá lugar este xoves no propio stand de Turgalicia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 30, LUNES
 
Carballiño a la Xunta por la incineradora de O Irixo: "non teñen dereito a traernos o inferno ao medio das nosas vidas"
En feudo del BNG (Vilar de Santos), José Luis Baltar materializó este domingo su adiós a los escenarios
Con el Domingo Fareleiro, Xinzo de Limia ya siente y vive en clave de Entroido
Este mismo sábado, el aparato del partido anunciará a las 12 quien será el relevo: Baltar Blanco, lo más probable
La Deputación asume las iniciativas de la oposición para la patata de A Limia y el Plan de Regadío