Convocada unha nova edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense que convoca Cultura do Concello de Ourense
 
Dotado con 6.000 euros para a obra gañadora, ven de ser convocada unha nova edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense que convoca a Concellería de Cultura do Concello desta cidade. O fai en irmandamento coa Cámara Municipal de Vila Real, polo que este premio é aberto tamén a traballos presentados en lingua portuguesa. O prazo de presentación de traballos remata ás dúas da tarde do día 30 de abril, e o fallo do xurado coñecerase en xuño.
 
 
 
 
25 de XANEIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases da convocatoria da XXIX Edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense que convoca a Concellería de Cultura, para todos aqueles traballos inéditos presentados en galego, e ampliado á lingua portuguesa dende 1980, con motivo do pacto de irmandamento asinado en 1982 entre o Concello e a Cámara Municipal de Vila Real (Portugal), abrindo o certame ao mundo da lusofonía. Deste xeito, xa participaron e gañaron escritores tan importantes como Millán Picouto, Darío Xoán Cabana, Xosé Gómez Alfaro ou Xosé Carlos Caneiro.
Está dotado con un premio de 6.000 euros para a obra gañadora e a súa publicación.

Todas as persoas interesadas en presentar traballos, deberán facelo a través do Rexistro do Concello de Ourense  (Praza Maior, 1 planta baixa) directamente ou por correo certificado facendo constar no sobre Para o XXIX concurso de Poesía Cidade de Ourense.
Poderán participar todas as persoas que o desexen - agás as/os gañadores/as das cinco edición pasadas – sempre que as súas obras se presenten en galego ou portugués.
Os concursantes portugueses poderán facer entrega dos seus traballos na Cámara Municipal de Vila Real (Portugal).
En ambos casos, para as obras en galego e en portugués, o prazo de entrega remata ás 14:00 Hs. do día 30 de abril deste ano.

No aspecto formal, os traballos que se presenten terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de seiscentos versos. Presetaranse mecanografados e a dobre espazo en follas de tamaño folio escritas por unha soa cara en exemplar sextuplicado.
O Xurado cualificador estará formado por personalidades das letras galegas e portuguesas, o gañador do ano anterior e un representante da corporación municipal do Concello de Ourense.

O fallo do xurado terá lugar ao longo do mes de xuño, momento no que será comunicada ao gañador ou gañadora do concurso.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 25, MIÉRCOLES
 
José Luis Baltar dimite este miércoles como presidente de la Deputación de Ourense y en todos los cargos electos  
Punto y final a tres décadas como diputado provincial y dos como presidente de la Deputación de Ourense
José Luis Baltar: "Desde hoxe, para min acabouse a política"
Acuña sostiene que, pese a lo que dice Gerencia de Xestión, la situación en Urxencias es "caótica"
A reforma da Praza de Abastos aportará aos praceiros máis de 6.300 ms2 e 410 prazas de aparcamento