O Estudo de detalle da Área de As Burgas queda só pendente do informe da CHM-S para a súa aprobación definitiva
 
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia deu o visto e prace ao Estudo de Detalle da Área de Intervención das Burgas. Patrimonio di que o Estudo feito polo Concello de Ourense responde ao esixido polo Plan Especial, que recolle "un proxecto único, de especial calidade arquitectónica, onde se diferencian os distintos usos, primando o termal, e as condicións de urbanización". Agora o Concello agarda informe favorable da CHM-S para aprobar definitivamente o Estudo de Detalle.
 
 
 
 
 
22 de XANEIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense vén de recibir o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, relativo ao Estudo de Detalle da Área de Intervención AI 1, referido ás Burgas e o seu contorno, segundo anunciou este luns a titular de Urbanismo, a concelleira Áurea Soto.
O informe considera que o documento presentado polo Concello "da cumprimento ao establecido no Plan Especial, respondendo ás determinacións de conservación e protección cultural, mediante a realización dunha actuación conxunta baseada nun equipamento urbano de uso termal. Na actuación, búscase a integración dos volúmenes edificatorios na beira do Barbaña, e en consonancia cun proxecto arquitectónico e de urbanización único e de xestión conxunta, co fin de dar resposta ás realidades tan diversas que dan cabida no ámbito das Burgas e o seu contorno".

O informe indica que o documento presentado polo Concello, supón o axuste necesario establecido no Plan Especial e non altera as condicións de protección das edificacións nin do conxunto.
O Estudo de Detalle, aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local en outubro de 2012, conta pois coa avaliación extraordinariamente positiva de patrimonio, polo que só resta para a súa aprobación definitiva, o informe favorable de Confederación Hidrográfica.

Unha vez este informe sexa recibido polo Concello, procederase a dar comezo a actuación para convertir a zona na peza clave da capital termal de Galicia e a tramitación e aprobación do proxecto de expropiación tal e como se acordou no Pleno de xaneiro de 2013.
O Concello recolle no Estudo a proposta dun proxecto único ao que obriga o Plan especial, recoñecendo a singularidade da intervención para o conxunto da cidade e tendo en conta "poñer en valor un espazo degradado, especialmente na zona existente entre o límite do casco histórico e o río Barbaña […] que precisa dun tratamento conxunto e homoxéneo, procurando mellorar a imaxe das Burgas", sinala o proxecto deseñado pra dito espazo.
E lembra as que considera "actuacións claves" a tales propósitos:

- Completar a estructura urbanística da zona e coidar especialmente a implantación sobre o terreo deste ámbito considerado BIC con categoría de sitio histórico.
- Obter o chan, tal e como ten feito o Concello, e urbanizar a ribeira do río Barbaña, en continuidade co paseo da ponte Fervedoiro.
- Reurbanizar a rúa Progreso no tramo entre a Ponte Murallón e a rúa Irmáns Vilar Ponte, ampliando a beirarrúa a 6 metros de ancho e con árbores cada 5 metros.
- Recuperar a Ponte Pelamios para conectar as dúas ribeiras do Barbaña.
- Ampliar o paso baixo na ponte do Fervedoiro, para favorecer a conexión co paseo á beira do río.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Aprobado o Estudo de Detalle e o Proxecto de Reparcelación do BIC das Burgas para o primeiro centro termal de Ourense  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad